10/1/19

A esixencia de máis medios nas Urxencias do Clínico de Santiago bótase á rúa cunha masiva manifestación... «Xerentes veñen, xerentes veñen, xerentes veñen e van. Non te vaias Eloína, sen darnos máis persoal»

 

Xerentes veñen, xerentes veñen, xerentes veñen e van. Non te vaias Eloína, sen darnos máis persoal». A ritmo de Rianxeira versionada arrancó la manifestación del servicio de urgencias del CHUS, cuyos trabajadores llevan casi dos meses de huelga para pedir más personal. Al término de la movilización, los manifestantes pidieron la dimisión del conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuíña, además de la de la gerente del área sanitaria, Eloína Núñez.  (...)

Entre los 2.500 manifestantes, según datos de la Policía Local, la protesta reunió a toda la oposición política, desde la portavoz sanitaria de En Marea, Eva Solla, al líder de los socialistas gallegos, Gonzalo Caballero, pasando por la portavoz nacional del BNG, Ana Pontón, o el diputado de En Marea Antón Sánchez. También acudió el regidor de Santiago, Martiño Noriega, en calidad de ciudadano, extrabajador de la sanidad y alcalde, y para mostrar «todo o apoio á sanidade pública, e sobre todo á primaria».

La comisión de centro del CHUS encabezó una movilización que salió de la praza Roxa para finalizar en la zona vieja tras recorrer parte del Ensanche. Reclaman una sanidad pública de calidad y unas urgencias dignas. «Non se reclama unha subida salarial», recordó Camilo Agulleiro, presidente de la comisión, «senón recursos humanos».

 Los trabajadores quieren personal para el espacio que se ha ido ampliando en los últimos años, pero que no ha tenido el incremento correspondiente en recursos humanos. El lunes votarán la última oferta de la gerencia, pero la opinión personal de Agulleiro es que «está moi afastada do que pediamos, aínda que o persoal ten a última palabra». (...)

La marcha concluyó en la praza de Praterías, donde el atleta Pedro Nimo leyó un manifiesto en el que afirmó que «esta non é unha folga para luxos, excepcións ou privilexios, senón unha folga para que tanto o persoal sanitario coma o de xestión e servizos poida exercer o seu traballo dunha forma digna e segura, para que poidan ofrecer un servizo con garantías e un trato a nivel humano e profesional». Añadió que no se pueden abrir hospitales, centros de salud o PACs «se non hai persoal suficiente co que dotalos».              (Elisa Álvarez, La Voz, 10/01/19)


"Levan dous meses en folga cuns servizos mínimos do 100% que, ao seu xuízo, son a primeira evidencia de que as súas reivindicacións están no certo: falta persoal no servizo de Urxencias do Hospital Clínico de Santiago, que dá servizo a boa parte do centro do país.

Diante da imposibilidade de facer visible a súa reivindicación mediante paros efectivos, o persoal de Urxencias do CHUS botou man nas últimas semanas da creatividade; dende concentracións ao uso ata composicións musicais e, este 9 de xaneiro, dunha masiva manifestación que levou as súas reivindicacións ao centro da capital galega.

Entre unha presión crecente por parte da Xunta e de xefes doutros servizos do propio hospital para que a folga indefinida remate e a menos dunha semana do día fixado para a votación das propostas de mellor que formule o Sergas -o luns 14-, o persoal mobilizado fixo unha demostración de forza nas rúas compostelás. "Non pedimos cartos", reiterou a comitiva que iniciou a súa marcha na Praza Roxa para rematar nunha ateigada Praza das Praterías.

O que queren, afirman, é máis persoal e medios. Se continúa a escaseza de mans e os equipamentos seguen a ser "obsoletos", advirten, de nada servirá que o espazo do hospital destinado ás urxencias sexa "cada día máis grande", subliñan, en referencia ás continuas referencias á ampliación do servizo por parte de diferentes cargos da Xunta, a comezar polo propio presidente, Alberto Núñez Feijóo.

 O presidente, o conselleiro Vázquez Almuíña e a xerente da área sanitaria de Santiago, Eloína Núñez, foron o albo de boa parte das consignas dunha manifestación que foi secundada tamén polo alcalde da cidade, Martiño Noriega, así como polos líderes de PSdeG e BNG, Gonzalo Caballero e Ana Pontón, e membros do grupo parlamentario de En Marea como Antón Sánchez ou Eva Solla. Co aval de todos os sindicatos con representación no Clínico (CIG, CCOO, UGT, Sagap, CSIF, SAE, CESM e O'Mega), a manifestación rematou nas Praterías co atleta Pedro Nimo a lle poñer voz ás reivindicacións.

"A sanidade pública foi un dos grandes logros" da sociedade ata chegar "ao máis alto nivel", subliñou Nimo, se ben nos últimos anos, "lonxe de facilitar o traballo, respectar e valorar" o persoal, as restricións no Sergas provoca "unha presión asistencial que pode causar erros e pode custar vidas". Esa presión, advirte, é a que está por tras de que en momentos de colapso "teñan que chegar a atender pacientes nos corredores".

El, afirma, pon voz a esta protesta porque o persoal non está a pedir "privilexios", senón "exercer o seu traballo dunha maneira digna e segura". Nin sequera piden "incrementos salariais", senón "o mínimo necesario para estar ao servizo dos demais con garantías". "Falamos de saúde e de vidas", concluíu entre aplausos."                  (David Lombao, Praza Pública, 09/01/19)

No hay comentarios: