16/4/19

A falta de camas e a escaseza de persoal obriga a suspender cirurxías no Sergas

"Con todo, estas medidas non evitaron que se suspendesen cirurxías menores no Hospital Meixoeiro que adoitan ser atendidas por enfermeiros e enfermeiras eventuais que son requiridos para ese labor e que son reprogramadas para días posteriores. 

Sanidade explica que o déficit débese a varios factores: que “gran parte das enfermeiras das listas xa están contratadas”, o “alto índice de substitución deste colectivo por Incapacidade Temporal”, que alcanza o 15% nos interinos na área de Vigo, as “coberturas de ausencias ausencias por permisos e reducións de xornada” ou o feito de que “o persoal priorice a preparación dos exames [do 12 de maio] sobre as contratacións laborais”.

Desde o persoal de enfermería, varias fontes matizan as explicacións que dá o Sergas e aclaran que, ademais da “carencia brutal de persoal eventual”, parte da suspensión de operacións debeuse “á falta de camas”.

 

"Suspendéronse por falta de camas"


Segundo explican profesionais afectados, a área sanitaria de Vigo está propoñendo a persoal se enfermería con praza fixa na quenda de mañá dobrar a quenda de tarde cunha compensación económica e desprazar así o eventual de quirófano a traballar esa tarde ás plantas. 

O pasado luns, data na que se suspenderon as operacións --e sempre segundo estas mesmas fontes--, había enfermeiras que tiñan xa programado dobrar a quenda para traballar nesas intervencións cirúrxicas, que “foron suspendidas por falta de camas”.

“Está pechada a zona 2 da cuarta planta do Meixoeiro, en cirurxía, e están colapsando a planta de medicina interna, cunha alta porcentaxe de pacientes en illamento e con persoal que non dá feito”, explican estas mesmas fontes, que din estar “cansas” de que o Sergas sinale sempre o persoal de enfermería ante unha situación “que crearon eles mesmos, cun persoal esgotado e que se ve obrigado a coller baixas”.

Ante as preguntas de Praza.gal polas denuncias deste persoal de enfermería, o Sergas limitouse a remitir ao comunicado onde explica o plan implantado para “paliar o déficit provisional de enfermeiras dispoñibles nas listas de contratación”. Segundo di, das 1.948 persoas inscritas para realizar substitucións, só hai 5 dispoñibles na lista xeral e 18 no Pool, para contratos de curta duración”.                   (Miguel Pardo, Praza Pública, 13/04/19)

No hay comentarios: