"O uso do galego estáncase.
A precaria evolución na transmisión
interxeracional, no ensino e no prestixio social provocan que a lingua
propia manteña a día de hoxe os problemas que os datos revelaron hai xa
cinco anos, sen mellora ningunha pero sen un grande empeoramento
tampouco. O galego resiste, malia todo, como idioma maioritario
da poboación galega pero segue a ser moi minoritario entre as xeracións
máis novas.
Na actualidade, algo máis do 30% da
poboación de Galicia fala sempre en galego, case a mesma porcentaxe
(-0,63) que en 2013, segundo a Enquisa Estrutural de Fogares sobre o coñecemento e uso do galego que publicou este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE) en referencia aos últimos datos, de 2018.
O uso sempre do galego mantense mentres que aumenta un chisco (1,43
puntos) a procentaxe de poboación que fala máis galego que castelán, ao
situarse no 21,72%, aínda que tamén aumenta a porcentaxe daquela que
fala máis castelán que galego, ao pasar do 22,3% de 2013 ao 23,3 de
2018. Ademais, algo máis do 24% da cidadanía galega fala sempre en
castelán, 1,85 puntos menos que hai cinco anos.
Xa que logo, o
uso do galego case non mudou no último lustro, pero a situación é moito
menos optimista de comparar os datos cos de hai dez ou quince. Na actualidade usa o galego sempre ou máis galego que castelán o 52,3% da poboación,
case o mesmo dato que hai cinco anos (51,5%) pero uns cinco puntos
menos que hai unha década (57%) e case dez por baixo que en 2003
(61,5%). A utilización da lingua propia mantense estable nos últimos
anos pero non se recupera da crise que paseniñamente a afecta.
Obviamente, a situación non é igual dependendo da idade. Mentres o 48,5%
das persoas de 65 ou máis anos fala habitualmente só en galego e un 25%
utiliza máis o galego que o castelán, entre a rapazada de 5 a 14 anos,
tan só o 14,3% fala sempre en galego e o 11,9% máis en galego que en
castelán (26,2%). Case o 74% restante emprega sempre o castelán ou máis
castelán que galego.
A situación entre os máis pequenos é case idéntica á de 2013, pero moito
peor para o galego que hai unha década. Daquela, máis do 36% falaba só
en galego ou máis galego que castelán fronte ao 26,2% actual. Hai quince
anos, esa porcentaxe elevábase ao 40,3%. De novo, como en termos
globais, case un descenso dun punto no uso da lingua por cada ano.
O panorama do galego é tamén revelador de ter en conta os datos sobre o
seu coñecemento. En 2018, o 88,1% dos galegos e galegas de 5 ou máis
anos di saber falar moito ou bastante o galego, fronte ao 86,93% de
2013, o 89,2% de hai unha década e o 89,6% de hai quince anos.
De repararmos só nos máis pequenos, as persoas de entre 5 e 14 anos, o
76% din saber falar moito ou bastante o galego fronte ao 24% que di que
pouco ou nada, un de cada catro rapaces. Hai dez anos, era o 83,6%
fronte ao 16,4%.
Ademais, a familia segue a ser a principal vía de aprendizaxe do idioma galego.
O 83,36% dos galegos e das galegas aprendeu a falar o galego neste
ámbito, pero ao cinxirse á poboación menor de 30 anos a escola supera á
familia como medio de aprendizaxe: o 93,7% das persoas neste grupo de
idade aprendeu o galego na escola e o 70% coa familia.
En canto á percepción do uso do galego, os datos son tamén reveladores. Máis do 30% da poboación galega de máis de 16 anos considera que o galego fálase pouco ou nada,
unha porcentaxe que é maior nas provincias da franxa atlántica, on
valores de 33,4% na Coruña e do 34,6% en Pontevedra. Pola contra, na
provincia de Ourense a porcentaxe baixa ata o 19,34%. Ademais, case o
32% considera que a utilización da lingua propia é "normal".
Para
decatarse das diferentes percepcións que hai sobre o idioma, abonda con
se fixar nas respostas á pregunta de se se considera que na actualidade
se fala máis galego que hai cinco anos. Para a metade da poboación o
uso da lingua non mudou, para case o 24% fálase menos e para algo máis
do 26% fálase máis.
Os datos son, ademais, moi semellantes aos que as persoas deron ao responder as mesmas preguntas hai cinco anos.
No que ten que ver coa lingua habitual de escritura, o castelán segue a ser a lingua máis utilizada polas persoas que viven en Galicia, independentemente de cal sexa o idioma que empreguen na fala. A porcentaxe de poboación que habitualmente escribe en galego é tan só do 16,7%.
Así, de compararmos os datos segundo a lingua na que falan habitualmente, obsérvase que entre as persoas que sempre falan en galego, unicamente o 36,2% escribe habitualmente na mesma lingua fronte ao 63,8% que o fai en castelán.
Por outra banda, e en canto aos medios de comunicación, o 17,7% da poboación galega de 16 ou máis anos ve a televisión sempre en galego ou máis en galego que en castelán, aínda que hai un 26,6% que sempre a ve en castelán. Á hora de escoitar a radio, o 14,3% faino sempre en galego ou maioritariamente en galego.
Onde está moito menos estendido o galego é noutros medios de comunicación. O 59,1% dos e das residentes en Galicia sempre le a prensa en castelán, o 54% só le libros en castelán, o 69,5% navega pola rede sempre neste idioma e o 52% emprégao sempre nas redes sociais. " (Miguel Pardo Praza Pública, 27/09/19)
"Dispárase o número de nenos que sabe falar pouco ou nada o galego durante a última década.
O retroceso no uso do galego das novas xeracións queda patente en que na actualidade o 44% dos menores de 15 anos fala sempre en castelán, de forma que se dispara case 15 puntos nunha década. Os que falan sempre en galego baixan un punto e quedan no 14%.
Un de cada catro nenos galegos sabe falar pouco ou nada de galego, nunha taxa que se incrementa máis de sete puntos na última década, ao pasar do 16,4% de 2008 ao 24% de 2018, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).
Entre os menores de 15 anos, un 38% sabe falar moito o idioma propio de Galicia, o que supón un retroceso de sete puntos en 10 anos (era do 45% en 2008). É a cifra máis baixa por tramos de idades, 20 puntos menos da media xeral na Comunidade (do 57,6%). Ademais, a porcentaxe de nenos que saben falar pouco ou nada (o 24%) supón o dobre que en toda a poboación (12%).
Aínda que o 83,4% dos galegos di aprender o galego en casa, entre os menores de 30 anos invírtese esta tendencia, posto que a escola (o 93,73%) supera o ámbito de aprendizaxe da familia (69,99%).
O retroceso no uso do galego das novas xeracións queda patente tamén en que na actualidade o 44% dos menores de 15 anos fala sempre en castelán, de forma que se dispara case 15 puntos nunha década (era do 30% en 2008). Os que falan sempre en galego baixan un punto e quedan no 14%.
No total da poboación, un 24,4 fala sempre en castelán (catro puntos máis en 10 anos), mentres unha 30,6% fala sempre en galego (mantense estable). Caen cinco puntos os que falan máis galego que castelán ata o 21,7%, mentres soben ata 23,3% os que falan máis castelán que galego.
ÁMBITOS DE USO DO IDIOMA
O 44,34% da poboación de Galicia que ten fillos fálalles en galego sempre, o 31,20% sempre en castelán, o 13,85% máis castelán que galego e o 9,50% máis galego que castelán. No tocante aos fillos, cabe destacar que ao redor do 39% fala sempre en galego cos seus proxenitores e ao redor do 37% sempre en castelán.
No traballo, o 30% da ocupados fala sempre en galego cos compañeiros e o 28% faino sempre en castelán. Con todo, á hora de manter unha conversa con superiores os que empregan sempre o galego descenden ao 25% e os que usan o castelán soben ao 35,4%.
Dentro do ámbito social, o uso exclusivo do galego está máis estendido nas relacións entre amigos. O 34,12% da poboación de Galicia habitualmente fala sempre en galego neste caso. Con todo, o 39,4% comunícase co profesorado dos seus fillos e fillas exclusivamente en castelán e o 34,07% sempre utiliza este idioma cos especialistas sanitarios.
No campo educativo a utilización de ambos os idiomas, galego e castelán, é bastante parella: o 59,57% das persoas que estudan en Galicia recibe a mesma proporción de clases en galego que en castelán. Con todo, os maiores de 17 anos reciben unha educación maioritariamente en castelán nun 41,6%, fronte ao 15,8% que é maioritariamente en galego.
No tocante aos medios, o 83% dos maiores de 16 anos ve sempre a televisión en castelán ou máis castelán que galego. Esta taxa elévase en ler libros (95%), navegar por Internet (96%) e ler prensa (97%). Nas redes sociais só hai un 26% que usa sempre galego ou máis galego que castelán.
En 2018 no 22,70% dos fogares galegos con todos os seus membros de cinco ou máis anos falaban habitualmente só en galego. Esta porcentaxe sobe ata o 45,7% nos municipios de menos de 10.000 habitantes, mentres baixa ao 5,7% nos de máis de 50.000 persoas.
XEOGRAFÍA DO EMPREGO DO GALEGO
Por ámbito xeográfico, as áreas da Coruña suroriental e da Costa da Morte son as que presentan maiores porcentaxes de poboación que fala habitualmente en galego sempre ou máis galego que castelán, cun 93,14% e un 92,43%.
No outro extremo atópanse a área de Vigo, cun 25,5% de persoas que fala habitualmente en galego sempre ou máis galego que castelán, a área da Coruña (un 33,55%) e a área de Ferrol-Eume-Ortegal (un 33,75%).
Entre o sete cidades, onde hai unha porcentaxe maior de persoas que fala habitualmente en galego é Lugo (o 44,7%), mentres onde menos se emprega é en Vigo (o 15,2%).
ESCRITURA MAIORITARIA EN CASTELÁN
Á hora de identificar o uso do idioma escrito, o castelán mantense como predominante de forma acusada, supón o utilizado polo 82,11% da poboación, fronte ao 16,6% que o fai en galego (o 1% restante está no apartado doutras situacións).
Se se comparan estes datos coas persoas que falan habitualmente galego, identifícase que hai un 63,8% deles que escriben habitualmente en castelán e só un 36,2% en galego.
MODELO DE CONVIVENCIA
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, di que o estudo "reflicte un modelo de convivencia do uso das dúas linguas, que foi unha das prioridades do noso Goberno, subliñou para considerar que "van na boa liña" posto que "se fala máis galego e máis as dúas linguas cooficiais". Iso, considerou, "responde a unha liña de traballo que está a ter moi bos resultados". "Estamos ante unha sociedade cada vez cun uso máis normalizado", afirmou, para destacar a Galicia como "un modelo de convivencia no tocante ás dúas linguas cooficiais".
"Cada vez as familias e os mozos usan máis o galego. Neste sentido temos unha certa esperanza de que o resto de informacións constaten este modelo de convivencia no uso das linguas", manifestou, para insistir en que os datos do IGE "avalan unha sociedade madura e un modelo de convivencia das linguas en harmonía e respecto". (Galicia Confidencial, 27/09/19)

No hay comentarios:
Publicar un comentario