25/10/19

A broa de millo, un dos 50 mellores pans do mundo

"A broa de millo, un pan milenario e orixinario da antiga Gallaecia –hoxe Galicia e norte de Portugal--, foi este mércores destacado polo grupo de comunicación norteamericano CNN como un dos 50 mellores pans do mundo.

O Día Mundial do Pan, a CNN Travel aproveitou para elaborar unha lista cos 50 mellores pans do mundo, e colocou a broa galega ao lado de pans como as tortas mexicanas ou a baguete francesa. Un alimento, di, que se caracteriza polo seu “destacable” millo.


A lista foi elaborada por Jen Rose Smith, que escolleu pans que pasan por un sabor que prevalece na memoria e que transmitan unha sensación de “casa” a quen os come, nunha “notable amplitude das tradicións alimentares mundiais”. E engade; “o millo e o trigo sarraceno que son moídos en pedra, peneirados e amasados nun recipiente de madeira. Só así se obtén a versión máis tradicional deste saudábel pan de campesiños”, refire a CNN.


Durante a reportaxe tamén se destaca que este pan forma un “arquipélago de fragmentos de crosta de fariña que se expande en fendas profundas”. “Algo que só é obtido por ser cocido en forno de leña”, engade.


A CNN Travel é un portal do grupo CNN que aborda a temática do turismo internacional, con guías, historias e exhibicións multimedia."                    (Galicia Confidencial, 17/10/19)

No hay comentarios: