"O IGE publicou este venres os datos correspondentes a 2018 da súa Enquisa Estrutural a Fogares,
que ofrece información sobre a composición das familias galegas e as
súas condicións materiais de vida.
A enquisa é unha foto fixa da
sociedade galega e reflicte a evolución que nos últimos vén
experimentando, con fenómenos moi marcados, como o progresivo
envellecemento da poboación e o empobrecemento das xeracións máis novas,
con peores condicións de vida que a xeración anterior.
Na enquisa
pode verse, por exemplo, como cada vez son máis os mozos e mozas entre
18 e 35 anos que aínda viven na casa familiar, cos seus pais e nais, ao
non contar con ingresos económicos suficientes para emanciparse. Se
antes da crise económica a porcentaxe roldaba o 59%, na actualidade
achégase xa ao 65%, cunha tendencia ascendente que aínda non se detivo.
O 88% dos mozos e mozas entre 18 e 35 que non teñen traballo viven cos seus pais e nais. Pero tamén o fai máis da metade (51,25%) dos mozos e mozas que si traballan, a tempo completo ou parcial.
A
estatística amosa que mesmo se da un número importante de casos nos que
unha parella de mozos ou mozas viven xuntos ou xuntas pero na casa dos
pais dun deles. Na actualidade esta é a situación do 8% das parellas
entre 25 e 35 anos.
Entre as distintas tipoloxías de familia, aquelas que se atopan nunha
situación económica máis desfavorable son as familias monoparentais,
tamén chamadas monomarentais, ao depender de forma maioritaria
dunha nai soa, que ten que sacar adiante aos seus fillos e fillas. Máis
de cen mil fogares en Galicia (105.635) teñen esta característica, un
10% do total.
A taxa de pobreza das familias monoparentais supera o 25% (25,41%), dez puntos por riba da media galega (15,51%). E a taxa de risco de pobreza ou exclusión social sitúase no 34,53%, case o dobre que a media global (18,95%).
130 mil maiores viven sós ou soas
A outra gran realidade
social que a enquisa reflicte con claridadehttps://praza.gal/acontece/a-galicia-do-final-da-decada-mais-persoas-maiores-vivindo-soas-mais-mocidade-que-non-pode-marchar-da-casa-familiar é a do crecente
envellecemento da poboación, co fenómeno engadido do crecente número de
persoas maiores de 65 anos que viven soas. No 2018 a cifra achegábase xa ás 130 mil (129.241), contabilizando todas aquelas vivendas habitadas só por unha persoa e, ademais, maior de 65 anos.
En total, son xa 383.601 os e as maiores de 65 anos as que viven en
fogares ocupados unicamente por persoas por riba desa idade. Iso supón
un de cada catro fogares galegos (o 24%). A porcentaxe é moi superior
nas localidades de menos de 10.000 habitantes, onde a porcentaxe supera o
30%.
A taxa de risco de pobreza destes fogares formados só por
persoas maiores sitúase no 14,12%, algo por debaixo da media galega
(15,51%). Porén, a situación é máis preocupante no caso das persoas
maiores que viven soas. A taxa de risco de pobreza nestes fogares
elévase ao 15,88% no caso dos homes anciáns que viven sós e ao 20,42% nas mulleres anciás que viven soas, e que dispoñen, de media, de pensións de xubilación moi inferiores." (Marcos Pérez Pena, Praza Pública, 28/12/19)
No hay comentarios:
Publicar un comentario