"A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS (Complexo Hospitalario
Universitario de Santiago) vén de facer unha nova denuncia do colapso
que se vive no servizo de urxencias deste centro.
O aviso chega logo de que un usuario enviase unha foto da situación que
se vivía ás 14:20 horas deste xoves pasado, cando "oito pacientes
estaban agardando nos corredores de acceso a ser atendidos en cadeiras
de rodas e padiolas". Un deles, segundo os denunciantes, "era un
paciente terminal que permaneceu mais dunha hora no corredor ata pasar a
sala de observación".
"Ás 16:58 horas a situación foi a peor e eran 10 os pacientes amontoados no corredor", indican.
Mentres tanto, "como consecuencia da demora nos ingresos hospitalarios,
11 pacientes estaban ocupando as zonas de traballo en espera de ser
trasladados a planta", engaden.
Desde a asociación critican que "a xerencia segue mantendo pechadas as
40 camas de medicina interna do Gil Casares e o anexo a ese edificio" e
falan de "maltrato asistencial" porque "non se poñen os medios
necesarios para que as camas hospitalarias estean dispoñibles no momento
en que os facultativos do servizo as demandan". (Galicia Confidencial, 03/01/20)
No hay comentarios:
Publicar un comentario