27/3/20

A Xunta dálle aos concellos luvas de perruquería e máscaras caducadas ou rotas para loitar contra o coronavirus

"Xa non se trata dunha cuestión política, senón puramente sanitaria. Non só critican os alcaldes do PSOE, tamén o fan os do BNG e algúns do propio Partido Popular. “Moito do material que mandan non está en condicións de ser utilizado”, denuncian. Por iso fan unha apelación á cooperación leal da Xunta de Galicia cos concellos nesta crise sociosanitaria causada polo COVID-19.

Moito deste material son máscaras ou luvas que non son de uso sanitario. E chega caducado, sen esterilizar e, nalgúns casos, en malas condicións ou rotos. Algúns exemplos do distribuído: O Grove con 80 máscaras e 450 luvas; O Porriño, 150 máscaras, 1.600 guantes, unhas gafas e dúas garrafas de lixivia; Tui, 100 máscaras e 550 luvas; O Rosal, 60 máscaras e 350 luvas; Tomiño, 100 máscaras e 650 luvas; A Guarda, 60 máscaras e 350 luvas; Ponte Caldelas, 50 máscaras e dúas caixas domésticas de luvas. E así en varios concellos.


AXENTES ELECTORAIS


Nestas denuncias, o PSdeG vai máis alá e acusa ao PP de situar na xestión desta crise a dirixentes políticos que foron cesados por Feijóo dos seus postos e aos que volveu rescatar para situalos na primeira liña mediatica . “Órganos que están presididos por políticos oficinistas, como José Manuel Cores Tourís e Corina Porro, cuxa función consiste en ser axentes electorais do PP na provincia aproveitando a súa condición baleira de delegados territoriais”, denuncian o PSdeG de Pontevedra este mércores.


De feito, nas últimas horas foron distribuídas numerosas fotografías por parte da Xunta na que se poden ver aos delegados territoriais --todos eles cesados por ir en listas e novamente refichados por Feijóo nos últimos días--, facendo gala da entrega deste material. Fotografías que están causando indignación e que, nalgúns casos, xa foron retiradas como é o caso da do delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. “E que isto lembra moito ao Prestige, cando viñan os camións con material e en primeira liña estaban todos os dirixentes do PP. É como se nos quixeran calar a base de migallas”, critican.


CRUCE DE ACUSACIÓNS ENTRE RUEDA E CARMELA SILVA


Tal foi a tensión que o vicepresidente da Xunta e líder do PP na Provincia de Pontevedra, Alfonso Rueda, e a líder do PSdeG provincial e presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, tamén tiveron un cruce de acusacións nas redes sociais. O motivo, un tuit de Alfonso Rueda gabándose da entrega deste material.



Alfonso Rueda @ARueda68


Mascarillas, monos, guantes... 3.000 quilos de material saen agora da base do @112Galicia: continuamos axudando ós concellos galegos, que pediron axuda á @Xunta tras non recibir os medios comprometidos polo Goberno Central. Seguimos traballando

.277 6:39 PM - Mar 25, 2020


E que foi contestado duramente por Carmela Silva con fotos nos que se pode ver a calidade dese material


Carmela Silva @carmelasilva


Este material? Caducado y roto! Quizá deberíamos tener más ética, no?

15 8:06 PM - Mar 25, 2020(Galicia Confidencial, 26/03/20)

No hay comentarios: