"A problemática vén de lonxe. Xa vai un ano dende que os percbeiros da comarca comezaron unirse para defender as súas pedras ante os bateeiros. E apenas hai unha semana xa avisaban os percebeiros que estaban perdendo a paciencia.
Onte foi un punto de inflexión nese conflito coa chegada de case un
centenar de bateeiros a Muxía. Un conflito que continúa esta mesma mañá
de xoves na Coruña, ata onde se desprazaron moitos percebeiros da
comarca para apoiar aos que onte estiveron en Muxía.
Porque onte había percebeiros de Corme, de Caión e da Coruña,
apoiando aos homólogos muxiáns, ante a “invasión” de máis de 30 coches,
con remolque, e un centenar de bateeiros. “O propio pueblo sentíu como
unha humillación pola invasión, como cando os falaxinstas chegaban a
desvalizar as casas”, explícanos en primeira persoa un dos 72
percebeiros da vila. “Viñeron provocar”, apunta un percebeiro, que
ademais asegura que “onte xa intentaron dividirnos ofrecendo cartos aos
que teñen lanchas”.
Foron momentos de gran tensión, con insultos, pero gracias ao
Sarxento da Garda Civil e o Policía Local de Muxía, a cousa non chegou
ás mans.
Ao remate os percebeiros foron falar co alcalde Iago Toba, e pensan manter reunións con todos os voceiros dos grupos municipais.
Posición confusa da Conselleira
Esta semana falou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, tras unha
reunión mantida co sector marítimo-pesqueiro da área coruñesa. As súas
palabras demostran a posición confusa da Xunta neste momento, pois fala
da necesidade de “compatibilizar as zonas”, se ben destaca “o ánimo dos
sectores de chegar a un acordo, entendendo que nin os bateeiros
necesitan o percebe nin os percebeiros necesitan a mexilla porque non
teñen onde vendela máis que aos propios bateeiros”.
A Conselleira asegura que están “traballando para sombrear zonas e evitar conflitos”, pero por agora non se sabe nada.
A Conselleira asegura que están “traballando para sombrear zonas e evitar conflitos”, pero por agora non se sabe nada.
Vixilancia 24 horas
A inacción da Xunta únese a outras problemáticas que sofren os
profesionais do mar como é o furtivismo. A Directiva da Agrupación de
Percebeiros de Muxía deu un paso adiante e se comprometeu a facer
vixilancia 24 horas, o que conleva que os propios percebeiros pasen
semanas sen apenas durmir.
Unha problemática moi difícil, pois xa houbo casos de denuncias por
parte dos furtivos aos percebeiros, por supostas agresións, que poden
ter consecuencias xudiciais. “Aínda por riba de defender o noso mar e o
noso traballo, temos que sufrir estas cousas”, apuntan." (Que pasa na costa, 21/05/20)
No hay comentarios:
Publicar un comentario