"Nas últimas semanas, campañas publicitarias de diferentes bufetes de
avogados animan granxas galegas a unirse a demandas contra o denominado
cártel do leite, un conxunto de empresas lácteas ás que a
Comisión Nacional de Mercados e a Competencia (CNMC) multou o pasado
ano por intercambiarse información en prexuízo dos gandeiros, "que
se viron privados de liberdade para negociar o prezo e escoller clientes
en función deste".
A piques de se cumprir un ano daquela sanción de
máis de 80 millóns de euros, e de rematar o prazo o vindeiro 11 de xullo
para presentalas, son milleiros os gandeiros de Galicia que se están a
sumar ás demandas para reclamar as cantidades que terían deixado de
percibir pola manipulación do mercado levada a cabo polas empresas entre
2000 e 2013.
Sindicatos e organizacións gandeiras, algunhas en colaboración con
bufetes de avogados especializados --mesmo chegados de Madrid e
Barcelona--, están a ultimar diversas demandas colectivas ás que se
uniron xa milleiros de explotacións e polas que se reclaman cantidades
de centos de millóns de euros. A merma de ingresos das explotacións
durante o período sancionado, segundo a resolución da CNMC e as
estimacións de equipos xurídicos e despachos de avogados, roldaría entre o 10 e o 13%, sobre tres céntimos por cada litro de leite vendido.
"Consideramos que cada gandeiro podería reclamar de media máis de 200.000 euros",
aseguran desde Eskariam, un dos despachos de avogados especializados
neste tipo de casos, que se publicita estes días en Galicia e que asinou
un acordo coa asociacion Agromuralla para xestionar as demandas dos
seus asociados. Desde este colectivo, xurdido en Lugo ao abeiro das
últimas grandes mobilizacións gandeiras, aclárase que son xa 150 as
granxas que se uniron á súa demanda.
"Serán moitos máis nestas últimas semanas", aclaran desde
Agromuralla, mentres levan a cabo reunións informativas de última hora e
advirten da necesidade de apoiarse en bufetes especializados porque
"ante unha batalla coma esta, contra multinacionais, hai que levar as
mellores armas". "Isto é semellante ao das cláusulas solo e non se pode
ir de calquera maneira a este conflito", din, ademais de aclarar que a
demanda "non é só cuestión de cartos, senón de tratar de disuadir as
empresas lácteas para que estas prácticas mafiosas non se volvan
producir".
As reclamacións inclúen, como aclara Unións Agrarias
(UUAA), "non só o diferencial entre o prezo anormalmente baixo pagado
por litro de leite e o que os gandeiros deberan ter cobrado, senón tamén
a indemnización polo cesamento da actividade de moitas explotacións que
se viron obrigadas a pechar". O sindicato, que foi quen puxo a denuncia
que deu lugar á sanción da CNMC, compareceu no procedemento desde o
inicio e reuniu xa máis de 2.000 gandeiros para a demanda, tamén doutras comunidades como Asturias, Castilla y León ou Extremadura.
Non cobra polos trámites aos afectados, que só pagarán unha porcentaxe
da indemnización recibida. No caso do despacho Eskariam, o cobro só se
levará a cabo se gañan a demanda e en base á cantidade recuperada.
O labor do equipo xurídico das organizacións agrarias --mesmo co persoal
reforzado pola abundancia de denuncias-- ou dos despachos de avogados é
abondoso e clave pola importancia de achegar todos os documentos e
facturas posibles que xustifiquen a venda do leite entre os anos 2000 e
2013. Abonda un repaso a anuncios e campañas publicitarias para se
decatar da magnitude dun proceso que implica moitos bufetes, tanto de
Galicia como doutras partes do Estado.
Desde o Sindicato Labrego Galego (SLG) destacan tamén a avalancha de
peticións de información e de casos que se están unindo á demanda que,
no seu caso, é tramitada polo bufete barcelonés Redi, especializado en
litixios deste tipo contra cárteles e na reclamación de danos por
infraccións do dereito da competencia. "Como adoita pasar, moita
xente espera á última hora; nas últimas semanas está sendo moita a
xente que se está a unir ao proceso", explica Isabel Vilalba,
secretaria xeral do SLG, que leva desde o outono pasado informando en
asembleas comarcais das posibilidades que se abren con esta reclamación
xudicial. Van centos e centos de persoas xa que presentaron a súa
documentación para adherirse ao procedemento. "E serán máis", avisa.
O
proceso é inxente, especialmente no caso de Galicia. Hai agora 20 anos,
cando as empresas lácteas empezaron con estas prácticas irregulares,
operaban no país máis de 30.000 explotacións lácteas, máis da metade do
total en España. Entre 2000 e 2013, arredor de 30 millóns de toneladas
de leite producíronse nas explotacións galegos, o 40% de toda a
produción estatal.
"Son uns 35.000 potenciais demandantes só en Galicia", explica Félix Porto, coordinador xurídico de UUAA, que aclara que a cantidade total a reclamar será moi importante, pero que dependará moito do número final de gandeiros que se unan ás demandas e de cadansúa produción. "Tamén hai que convencer moita xente que é escéptica, ten dúbidas ou non sabe das consecuencias", engaden desde Agromuralla.
"Son uns 35.000 potenciais demandantes só en Galicia", explica Félix Porto, coordinador xurídico de UUAA, que aclara que a cantidade total a reclamar será moi importante, pero que dependará moito do número final de gandeiros que se unan ás demandas e de cadansúa produción. "Tamén hai que convencer moita xente que é escéptica, ten dúbidas ou non sabe das consecuencias", engaden desde Agromuralla.
De feito, advirte Félix Porto, as organizacións agrarias atópanse "aínda
en proceso de captación". "Moitos dos gandeiros non están informados
desta posibilidade, algúns porque hai tempo que tiveron que pechar a
explotación e outros porque pensan que só pode denunciar aquel que
vendese o leite ás empresas que foron sancionadas por Competencia", di.
Non é así.
Aínda que Competencia sinalou unhas poucas compañías (Pascual, Nestlé,
Shreiber Food, Capsa, Lactalis, Industrias Lácteas de Granada e Danone) e
dúas asociacións (a de Empresas Lácteas de Galicia e Gremio de
Industrias Lácteas), o "pacto de prezos fraudulento" que denunciaron as
agrupacións gandeiras acabou por fixar uns importes artificialmente
baixos. Toda granxa que vendese leite cru de vaca entre 2000 e 2013 pode reclamar,
aclaran os despachos de avogados implicados, que advirten tamén de que
aqueles que pechasen a explotación ou que estean xa xubilados
Serán, xa que logo, milleiros. "En Galicia, con que só fose un 20% dos potenciais demandantes os que reclamasen, estaríamos falando duns 7.000...
As cantidades a reclamar, tendo en conta que se inclúen os intereses,
serían moi importantes, pero variarán moito dependendo da produción de
cadaquén", insiste Porto, que aclara que queda aínda tamén esperar polos
recursos que interpuxeron as empresas lácteas sancionadas por
Competencia.
No caso de que a Audiencia Nacional --e no seu caso o Tribunal Supremo-- ratifique, aínda que sexa en parte, as "prácticas ilícitas contra o libre mercado", ábrese a posibilidade á reclamación. Será, daquela, cando milleiros de gandeiros, na súa inmensa maioría galegos, aspiren a recuperar o que deixaron de percibir por mor do acordo do cártel do leite. Centos de millóns de euros e milleiros de explotacións pechadas despois. " (Miguel Prado, Praza Pública, 19/06/20)
No caso de que a Audiencia Nacional --e no seu caso o Tribunal Supremo-- ratifique, aínda que sexa en parte, as "prácticas ilícitas contra o libre mercado", ábrese a posibilidade á reclamación. Será, daquela, cando milleiros de gandeiros, na súa inmensa maioría galegos, aspiren a recuperar o que deixaron de percibir por mor do acordo do cártel do leite. Centos de millóns de euros e milleiros de explotacións pechadas despois. " (Miguel Prado, Praza Pública, 19/06/20)
No hay comentarios:
Publicar un comentario