27/11/20

Ramón Varela Díaz: "Somos a despensa barata de madeira do Estado español"

 "Resulta imposíbel analizar a política forestal da Galiza sen atender a problemática do eucalipto. Que extensión ocupa na actualidade?
É moi difícil dar conta da área exacta que ocupa porque a información sobre a superficie forestal e o cambio que experimenta obtémola cada dez anos a través dos inventarios forestais do Estado. Os últimos datos son de hai 11 anos, á espera de que a primeiros de 2021 dean a coñecer unha nova entrega. Eu estimo que hai aproximadamente 600.000 hectáreas dedicadas ao monocultivo de eucaliptos e a plantacións mixtas nas que os eucaliptos están mesturados con outras especies, como piñeiros, carballos ou especies frondosas do país.

No hay comentarios: