"Co rescate este domingo do coche e o corpo dentro do baiés desapacido o pasado día 10, confírmase así a triste realidade da doble consecución de sendos suicidios nun mesmo día na comarca.
Aquela mañá do mesmo xoves 10, saltaba a alarma da desaparición dun home de Pazos (Ponteceso), tamén de mediana idade, moi coñecido pola zona. Un home moi sociable, dos que fala con todo o mundo, dos que parece que leva a vida sen dificultades a pesar de levar tempo no paro. Sorprendía a toda a parroquia ao aparecer aforcado nun alpendre preto da súa vivenda.
O baiés desaparecía ás 6:00h cunha serie de whastapp que facían pensar no peor, e xa non acodía ao seu posto de traballo como repartidor de carne por toda a comarca. Houbo varias xornadas de busca e foi atopado 9 días despois no porto laxense, onde se lanzou co seu vehículo.
Poucos achegados pensaban, en ambos casos, que poderían chegar a isto, pero a realidade por dentro en xeral, e nestes tempos de pandemia, é moi distinta.
As cifras
Segundo informa a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia FEAFES, en Galicia no ano 2018, houbo un total de 274 suicidios
(192 homes e 82 mulleres), sendo as provincias con maior taxa de
incidencia Lugo (11 por cada 100.000) e A Coruña (10 por cada 100.000)
onde se rexistraron 125 mortes (88 homes e 37 mulleres), máis dun
suicidio cada 3 días.
A nivel mundial, o suicidio provoca 800.000 mortes anuais, e afecta a estados de diferentes condicións socioeconómicas e culturais.
A entidade xa nos invitaba o pasado ano a sentarnos a falar do suicidio, un temá tabú na media estatal dende hai demasiados anos. Dende as entidades sociais valoran a necesidade de afrontar esta problemática cara a cara.
Así o fai a FEAFES, por exemplo, na comarca de Ordes da man do colectivo Andaina PSM, desenvolvendo unha serie de sesións formativas dirixidas tanto a profesionais de servizos sociais, sanitarios, do eido educativo, dos corpos de emerxencias e coa implicación dos medios de comunicación presentes na Comarca. Unhas xornadas nas que tamén participaron en accións de sensibilización e obradoiros as persoas afectadas e familiares, así como diversos grupos considerados vulnerables, e para as que se editaron materiais informativos como guías de autocoidado para persoas afectadas, guías para familiares e unha guía para profesionais.
Prevención
”O suicidio, hoxe en día, non se pode considerar un fenómeno cunha única causa,
senón que diversos factores de carácter sociolóxico, psiquiátrico e
psicolóxico entran en xogo en relación coa morte voluntaria”, explican.
Por iso aseguran que é un asunto que se debe atender dende a prevención.
Esta clase de xornadas son apenas un punto de inicio para comezar a
tratar o asunto coa importancia que merece, no cando de deixalo agochado
no caixón." (Qué pasa na costa, Ubaldo QPC,21/12/20)
No hay comentarios:
Publicar un comentario