" Surrealista é a situación na que se atopan, no último mes, centos de pescadores afeccionados que están sendo tratados coma delincuentes, por culpa da irresponsabilidade dun medio de comunicación e a connivencia das autoridades.
Nestas últimas semanas, as autoridades están sacando a centos de pescadores recreativos dos portos, dende Malpica ata Muros. Pescadores que poden ser moz@s, avós, familias enteiras… de total diversidade cun único nexo común: a afección pola pesca recreativa do calamar ou da xarda.
Ante esta situación, insostible dende que La Voz de Galicia, como vén facendo recurremente nos últimos anos, comezaba a guerra contra este sector a raíz dun suceso acontecido no peirao de Malpica, centos de pescadores reuníanse este sábado no porto de Laxe para amosar a súa repulsa.
Conscientes de que a pesca recreativa nos portos está prohibida, non consideran normal que se prohiba así “dun plumazo”, como explica Emilio Cambre, un dos voceiros desta loita. ”Estamos aquí representando ao sector da pesca deportiva nos portos… para que non se nos trate como delincuentes, para que non se nos exclúa dunha zona case pública, que dean unha marxe, ou que se normalice cunha licencia específica, por exemplo”.
”Non entendendo como unha información sesgada consegue acabar cunha práctica como esta. Somos deportistas, de todas as idades, persoas que nos gustan estas actividades que non temos onde ir nestes tempos de pandemia. Non molestamos a ninguén”, explícan, deixando claro que moita xente gustaría de ir ás pedras, onde si está permitido, pero non poden por simples aspectos de accesibilidade, coma si poden facer nos portos." (Ubaldo QPC, Qué pasa na costa, 28/11/20)
"Os pescadores recreativos de Malpica tamén protestan pola súa inxustificada criminalización.
Como fixeran en Laxe o sábado, este luns, ás 9:30h, ducias de pescadores afeccionados achegáronse ao porto de Malpica para protestar ante a campaña de criminalización que sofren no último mes a raíz “das publicacións dun periodista irresponsable”.
As tendas de pesca da comarca de Bergantiños, para as que esta práctica supón case o 50% da facturación, mobilizaron estas concentracións ao considerar “absolutamente desproporcionado” o desaloxo repentino dos portos.
Gonzalo, da tenda Atlántida, desminte as acusacións. “É unha mamarrachada dicir que collemos 20kg e os vendemos. Un día bo podes coller 2 kg, e fas unha cea, regalas uns poucos e o resto os metes no conxelador”, relata. Os manifestantes explicaban á TVG que se trata dunha práctica recreativa, que serve para pasar o tempo a moita xente con problemas.
Non entende “a que vén ao conto que nos queiran sacar dun espazo público, tendo en conta ademais que os patróns maiores, os profesionais, os alcaldes, as asociacións de comerciantes… todo o mundo está contento coa nosa presencia nos portos, porque ademais dámoslle vida aos pobos”.
Sobre a acción das autoridades, pide racionalidade. “É como se hai un
accidente na autipista e pechas a autopista. Se cren que hai problemas
de furtivismo, que veña a Garda Civil e que controle, pero que non nos
criminalicen a todos”. (Ubaldo QPC, Qué pasa na costa, 01/12/20)


No hay comentarios:
Publicar un comentario