"Colonizan sobre todo "zona da costa e os vales dos ríos", que adoitan presentar climas máis "suaves".
O presidente da Asociación Galega de Apicultura, Xesús Asorey, ha cifra
en 100.000 os niños de velutina que existen en Galicia. Asorey sinalou
que outros anos, "segundo a Xunta de Galicia, acabábanse eliminando entre 22.000 e 25.000 niños. Unha cifra que en 2020 reduciuse ata os 16.000 por tratarse "dun ano máis frío".
E é que este tipo de insecto afástase do "frío", colonizando sobre todo
en Galicia a "zona da costa e os vales dos ríos", que adoitan presentar
climas máis "suaves". Xesús Asorey calcula que "pode haber sobre 100.000 ou máis de 100.000" avisperos en toda Galicia e citou un estudo francés que sinala que "se eliminan é só un vinte por cento dos que existen en realidade".
O presidente da Asociación Galega de Apicultura explicou que hai varios "métodos" para combater á velutina,
e así para os apicultores e defender as colmeas, solta que "o mellor
sistema é a colocación de arpas eléctricas". Tamén apunta para frear
esta "praga" que se siga "coa eliminación de niños" e tamén apelou a que se manteña a estratexia de "trampas primaverais".
Outra das solucións que invoca Asorey pasaría "pola loita biolóxica",
suxerindo a eliminación das avespas velutinas "a través dunha bacteria
ou cunha ave de África, que cría aquí" en Galicia. Con respecto á
convivencia entre abellas e velutinas, conclúe que o perigo é "menor"
naqueles lugares "máis fríos" porque "noutros lugares onde o clima é
máis suave e quente aí segue sendo a dificultade dunha praga que liquida
colmeas enteiras". (Galicia Confidencial, 05/07/21)
No hay comentarios:
Publicar un comentario