"O alcalde de Burela, Alfredo Llano, reivindicou este luns que ata o ano 2029 tense que “garantir” a vivenda a tres veciños dun edificio situado no número seis da rúa Cantábrico, que poderían ser desafiuzadas esta semana pola Sareb ou banco malo.
En concreto, o 27 de xaneiro vence o prazo para o desaloxo deste tres veciños nese inmoble de 16 vivendas que conta con protección autonómica da Xunta desde o ano 2004.
Llano enunciou que “ata o 2029 ten que garantirse que se esta xente quere continuar no edificio continúe”. “Sería moi dramático que cambie o titular do edificio e ese novo titular marque outros prazos cando se debe de cumprir a normativa e ata o 2029 non se deberían (os inquilinos) mover de aí”, abundou.
O rexedor de Burela lembrou que “das 16 ocupacións que había, agora quedan tres porque o resto buscou a vida polas condicións que lles esixían”. Estes “buscaron outra alternativa e fóronse ata quedar tres (familias) e o resto foise asentando noutros lugares do concello” de Burela.
“Quedaron tres veciños coa garantía de que se lles vai a renovar ata 2029“, insistiu. Alfredo Llano apuntou que se trata dun edificio “moi céntrico, á beira da igrexa” e volveu a incidir en que é un inmoble que ten “protección autonómica desde o ano 2004 e o que accedía a un piso tiña que cumprir unhas condicións”.
Dito isto o alcalde de Burela subliñou que “esta situación vén determinada polo imperativo do capital sobre as persoas e iso si que non pode ser porque hai que defender o dereito das persoas sobre o capital”, concluíu." (Xornal da Mariña, 24/01/22)
No hay comentarios:
Publicar un comentario