21/10/22

A mítica Taboada y Ramos, propiedade de Manuel Taboada, fugaz concelleiro do PP en Silleda que –con apenas media ducia de traballadores no cadro de persoal– acaparou a contratación pública: primeiro, nos anos de Cuíña, despois, baixo a sombra de Rafael Louzán, ata chegar a ser, nalgún momento, a construtora que máis negocio recibía da Xunta de Feijóo. Todo un exemplo de emprendedor que pasou, nun visto e non visto, de facer nichos en cemiterios a autovías e parques eólicos... e así chegamos a que «A Xunta pediu incumprir a súa condena por ocupar unha propiedade privada para favorecer unha construtora e a xustiza rexéitao»... ouseña, a Xunta aprópiase –non o digo eu, senón o xulgado– dunha parcela de 15.000 m2 en Meira e permite que alí se deposite tal cantidade de residuos que hoxe, para devolver o terreo á súa situación orixinal, custaría case dous millóns de euros retiralos... O peor é que, ao final, aos construtores pagarémoslles do peto de todos; que, ao final, é o que vimos facendo dende que temos memoria. E así, nenos e nenas, é como funciona este país... Lembrádeo cando digan non sei que das paguitas da esquerda ou que non hai cartos para médicos e profes

 "Se algunha vez alguén vos pide que expliquedes como funciona Galicia, recoméndovos contarlles esta historia que atopei en Praza.gal e que hoxe quero compartir con vós nun exercicio de «edición ampliada e comentada», algo que supoño que non lle parecerá mal ao autor, David Reinero, tipo serio e formal onde os haxa. Merecen que se faga así, ademais, porque os compañeiros deste dixital seguramente sexan a xente máis elegante do país á hora de practicar o cada vez máis minoritario deporte de citar outros medios, así que vaia isto por diante.

A info en cuestión titulábase «A Xunta pediu incumprir a súa condena por ocupar unha propiedade privada para favorecer unha construtora e a xustiza rexéitao». Se vos parece un encabezado digno de Les Luthiers, agardade a entrar no fondo do asunto, porque isto non é máis que o último capítulo –polo momento– dunha saga longa e apaixonante…

Todo empezou aló por 2017, cando San Caetano adxudica a unha UTE o último tramo da autovía máis lenta de Galicia (en velocidade de execución, non de circulación). Unha desas empresas era a mítica Taboada y Ramos, propiedade de Manuel Taboada, fugaz concelleiro do PP en Silleda que –con apenas media ducia de traballadores no cadro de persoal– acaparou a contratación pública: primeiro, nos anos de Cuíña como presidente da Deputación e conselleiro todopoderoso; despois, baixo a sombra de Rafael Louzán, ata chegar a ser, nalgún momento, a construtora que máis negocio recibía da Xunta de Feijóo. Todo un exemplo de emprendedor que pasou, nun visto e non visto, de facer nichos en cemiterios a autovías e parques eólicos. Que sexa un dos protagonistas desta historia, como diría Chicho Sánchez-Ferlosio, «no fue por casualidad».

Metidos xa en faena, os construtores descobren que trasladar a unha zona de verquido autorizado as terras e os entullos derivados da obra suponlles un quebracabezas e, por riba de todo, unha pasta. Aí é cando entra a nosa Xunta. Pola vía dos feitos, aprópiase –non o digo eu, senón o xulgado– dunha parcela de 15.000 m2 en Meira e permite que alí se deposite tal cantidade de residuos que hoxe, para devolver o terreo á súa situación orixinal, custaría case dous millóns de euros retiralos.

Con estes feitos na man, a primeiros de 2020 o Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra condena a Xunta por desviación de poder e ordena que se amañe a desfeita. O Goberno galego –aínda con Feijóo á fronte– non intentou defenderse nin durante o proceso de denuncia nin tampouco no xuízo, unha actitude que o maxistrado considerou unha mostra de «desidia, desleixo e ineptitude». Pero isto só estaba empezando.

A primeiros de 2020 o Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra condena a Xunta por desviación de poder e ordena que se amañe a desfeita. O Goberno galego –aínda con Feijóo á fronte– non intentou defenderse nin durante o proceso de denuncia nin tampouco no xuízo, unha actitude que o maxistrado considerou unha mostra de «desidia, desleixo e ineptitude».

Cando espertou e viu a sentenza, a Xunta decidiu apelar ao TSXG, agardando a comprensión que lles negara o Contencioso. Porén, o alto tribunal devolveulles outra labazada por un comportamento que consideraba «insólito» –tal e como adiantou no seu día Pontevedra Viva– e que só buscaba, por se alguén aínda o dubidaba, «o beneficio da empresa construtora».

Coa sentenza firme, e sen posibilidade de recorrer xa a ningunha instancia máis, chega o momento de cumprila… e é así como entramos no mellor desta historia. Porque, cando o propietario reclama a execución, a Xunta dille que «naranjas de la china: que iso é moi complicado e moi caro»; vamos, que cumprir a legalidade lles parte a tarde toda, e así llo trasladan de novo ao xulgado.

Cando o propietario reclama a execución, a Xunta dille que «naranjas de la china: que iso é moi complicado e moi caro»; vamos, que cumprir a legalidade lles parte a tarde toda, e así llo trasladan de novo ao xulgado.

O xuíz, por suposto, rexeitou a petición (admítoo: encantaríame terlle visto a cara cando a leu). Non quedou aí: aproveitou para lembrarlle –lembrarllo ao goberno da Xunta!– que vivimos nun Estado de Dereito, que existe un mandato constitucional para executar as sentenzas firmes e que as actuacións deben someterse á legalidade, «singularmente no que afecta á propiedade privada». Sería precioso que, ante a inacción do executivo autonómico, o propietario da parcela fose unha das 30 persoas que chamaron ao teléfono «antiokupas» da Xunta, ese que nos custa 27 mil pavos ao ano pero que a consellería vai manter por aquela clásica estratexia de inventar un problema para cada solución.

Sería precioso que, ante a inacción do executivo autonómico, o propietario da parcela fose unha das 30 persoas que chamaron ao teléfono «antiokupas» da Xunta, ese que nos custa 27 mil pavos ao ano pero que a consellería vai manter por aquela clásica estratexia de inventar un problema para cada solución.

Se dicía ao principio que o bo costume de citar está a perderse, o vello oficio xornalístico aquel de andar nos papeis, de ir máis aló das declaracións… xa non vos quero contar. Porque nesta sociedade do espectáculo (virtual) parece que só importa o que se di, e un pode poñerse un lazo en defensa da sanidade mentres recorta os cadros de persoal; igual que é posible que acuse os rivais políticos de mirar cara a outro lado coa ocupación mentres non só permite, senón que alenta ese comportamento se quen o fai é un amiguete. E podemos botar as mans á cabeza cun referendo en Catalunya pero negarnos a executar unha sentenza firme e seguir envolvéndonos na Constitución e na rojigualda.

O peor é que, ao final, se as cousas van como di a lei, aos construtores pagarémoslles ese aforro do peto de todos; que, ao final, é o que vimos facendo dende que temos memoria.

E así, nenos e nenas, é como funciona este país. Lembrádeo cando digan non sei que das paguitas da esquerda ou que non hai cartos para médicos e profes."                 (Luis Pardo, Luzes, 21/10/22)

No hay comentarios: