OrgulloGalego #Defuntos #Magosto @OrgulloGalegoGz
O uso das cabazas en Galiza non é unha copia do Halloween Ela é Consuelo, coñecida como "A coxa de Licos" e foi fotografiada na vila vella de Cedeira hai 30 anos por Antonio Quintana.
Nesta imaxe podemos vela celebrar a festividade de defuntos con dúas cabazas talladas e listas para usalas para asustar, unha tradición ancestral que agora nos queren facer pasar por Halloween.
Existen rexistros por toda a xeografía galega que nos conta que nesta época era habitual tallar cabazas nabos, etc e colocalos nos cruces de camiños, cruceiros, nas fiestras ou mesmo poñelas na cachola para asustar á xente.
Tamén contan que se usaba para afastar aos malos espíritos ou mesmo para representar á Compaña. Isto ten séculos de existencia, antes de poñerse de moda o Halloween.
Por exemplo nas Rías Baixas chámanlle Noite dos Calacús e moitísima xente lembra facelo hai 50-80 anos e que xa os seus antergos facían isto.
Sobre todo isto falamos onte con Lidia Mariño na conversa sobre ritos e mitos no tempo de defuntos
Fonte das imaxes: Galipedia
2:22 p. m. · 28 oct. 2022
56 Retweets 2 Tweets citados 156 Me gusta
No hay comentarios:
Publicar un comentario