"A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS tivo coñecemento dun novo colapso dos servizos de urxencias o pasado día 7 de xaneiro. Ás 16:00 horas 13 pacientes graves permanecían, en padiolas e cadeiras de rodas, nos corredores de acceso do servizo “sufrindo o deterioro do seu estado de saúde e soportando a vulneración do seu dereito fundamental a intimidade e dignidade”. Ao longo da tarde os pacientes aparcados nos corredores chegou ao número de 20.
A pesares desta situación e das advertencias do persoal sanitario aos responsables do servizo, 19 pacientes, co ingreso en planta asinado, estaban ocupando os espazos de traballo e 8 padiolas da zona de atención estaban sen ocupar por falta de persoal sanitario asignado. A Asociación é coñecedora de que a proporción de pacientes por médico está chegando a ser de 18 cando, de acordo cos estándares de calidade, a partir de 11 pacientes/médico a carga de traballo é inabordable para o persoal sanitario producíndose una minoración na calidade na atención e un aumento do índice erros. Pois ben, a filla de A.G.T., un dos pacientes que desde ese día aínda permanece no servizo, remitiulle á Asociación o seguinte testemuño:
“O pasado sábado 7 de xaneiro meu pai chegou a urxencias en ambulancia por perda de coñecemento. A hora de chegada foi arredor das 5 da tarde, permanecendo colocado nunha padiola no corredor de acceso 3 horas e media ata poder pasar a un box. Hoxe, luns dia 9 de xaneiro, pasamos a planta despois de estar nun box mais de 48 horas.”
A Asociación sinala que, ao igual que A.G.T., todos os pacientes que acoden en busca de atención urxente, "sistematicamente e como norma non escrita”, son colocados nos corredores de acceso a pesar de que son coñecedores de que os valedores do pobo da gran maioría das comunidades autónomas, e entre eles o da CA de Galicia, manifestaron por escrito que é unha práctica que vulnera o dereito fundamental a intimidade e a dignidade.
Denuncia que resulta “intolerable” que unha unidade que “mantén niveis
tan baixos de eficiencia asistencial e que non preserva os
dereitos fundamentais dos pacientes”, teña padiolas en boxes sen empregar por non ter persoal sanitario asignado,
ou que sega con demoras superiores ás 24 horas na sala de observación
porque “non se poñen en funcionamento todas as camas hospitalarias
dispoñibles”. (Galicia Confidencial, 10/01/23)
No hay comentarios:
Publicar un comentario