17/3/23

Así é o “Entrudio Farrapeiro”, un novo Entroido tradicional recuperado no corazón de Galicia

 "A asociación cultural Os Torgueiros está detrás da recuperación do “Entrudio farrapeiro”, na Gudiña, un entroido tradicional que levaba décadas oculto entre a veciñanza e que esta entidade quixo sacar do esquecemento.

Voltou a fariña, voltaron os farrampois (unha das figuras tradicionais do entrudio da zona) voltou a troula e queimouse o intrudio, personificación da festa, feito de palla e portado por mozos e mozas polas rúas do pobo”, destaca esta entidade que quere agradecer aos que este sábado se achegaron á Gudiña ao folión de Carracedo.
 
Os Torgueiros levan traballando durante o último mes para esta celebración promovendo actividades para a recuperación do entroido no concello. Así, as actividades comezaron coa palestra do etnógrafo Xosé Cruz, que lembrou que na Gudiña sempre se celebrou o Entroido.
 
Tamén organizou un obradoiro de elaboración de compadres e comadres na súa forma tradicional, e finalmente o sábado farrapeiro e de Entrudio, “correndo e queimando o intrudio e botando fariña”.           (Historia de Galicia, 19/02/23)

No hay comentarios: