"Os hospitais de Vigo, Lugo e Ourense celebraron na mañá deste martes
senllas concentracións con centos de facultativos no marco da primeira
xornada da folga convocada pola Confederación Estatal de Sindicatos
Médicos (CESM) para pedir á Consellería de Sanidade que "inicie as negociacións" porque, ata o momento, todo foi "un paripé".
Así o defenden, en declaracións a Europa Press, diferentes delegados
sindicais da organización que convoca en solitario estes paros, que insisten na súa "man tendida" aos responsables do Servizo Galego de Saúde (Sergas) para acabar cunhas condicións laborais que son "obxectivamente peores" que noutras comunidades autónomas.
A primeira protesta relacionada coa folga tivo lugar ás portas do
Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, con máis dun centenar de
traballadores. O delegado de CESM, Enrique Fernández, celebrou a "importante" participación alcanzada,
segundo as primeiras estimacións ofrecidas polo sindicato: preto do
100% en Cardioloxía, o 85% en Pediatría e o 80% de Anestesia, entre
outras.
Os médicos internos residentes (MIR) tamén están a secundar a folga "masivamente"
porque "son eles os que van sufrir as condicións laborais dos próximos
35 anos". De feito, Fernández advirte que as xubilacións que se aveciñan
pon de manifesto que "vai facer falta facultativos" e que vai haber
"competencia" entre as distintas comunidades autónomas para reter aos
profesionais recentemente formados. Neste contexto, denuncia que a
política de recursos humanos do Sergas é "cortoplacista e miope".
"Estamos a desexar sentarnos a negociar de verdade,
non como o que houbo ata agora, que foron todo xeneralidades e
vaguedades. Non ofreceron nada ata o mércores (pasado)", explica o
delegado de CESM desde a concentración no Cunqueiro, para afear que nos
40 días que deron á Consellería desde que anunciaron a folga, só
trasladasen algunha proposta "a semana anterior".
Entre as reivindicacións que motivan este paro, que non secunda
ningunha outra organización, tampouco as que están representadas na Mesa
Sectorial do Sergas (CIG, CCOO, UGT, CSIF e Satse), están a xornada de 35 horas semanais, a recuperación de tres días de descanso retirados como consecuencia da crise de 2008,
os días 24 e 31 de decembro como moscosos e a posibilidade de que
poidan cobrar o complemento específico os profesionais que exercen no
Sergas e na privada.
CONCENTRACIÓN E FOLGA EN OURENSE
Pola súa banda, desde a concentración no Complexo Hospitalario
Universitario de Ourense (CHUO), o delegado de CESM, Alberto Escobar,
insiste na "man tendida" que teñen á Consellería para que "inicie a
negociacion co mellor sentido construtivo", posto que ata agora tivo
"pouca vontade política".
No CHUO, estima que o seguimento da folga durante a primeira xornada "foi masivo".
Segundo as súas cifras, o 60% das consultas quedaron aprazadas e, de 16
quirófanos que hai en total no hospital, "10 non funcionaron" e só seis
estaban operativos e por servizos mínimos." (Galicia Confidencial, 11/04/23)
'Galicia es una tierra increíble, condenada a desaparecer' (Juan Tallón)... La herencia de Fraga...
11/4/23
"Folga histórica" dos profesionais médicos que denuncian o "paripé" do Sergas... O paro ten un "seguimento masivo" que supera o 80% nalgúns servizos e obriga a parar cirurxías nos hospitais
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario