2/4/24

O presidente da Xunta ten un plan... Un planazo... Unha voda... Cásalle un amigo en Madrid: o mesmísimo alcalde Almeida... Podemos dicir que a Galicia contemporánea é unha casa construída por persoas que xamais quixeron habitala, que soñaban cun chalé adosado en lugares onde chove menos... O derradeiro cravo neste sartego do autogoberno é este completo desinterese, por parte de quen debería encarnalo, polo seu cargo... e en Galicia chove moito, xa sabemos (Francisco Cortez-Lobão)

 "(...) O pasado luns, 25 de marzo, a primeira xunta de portavoces da XII lexislatura do Parlamento de Galicia aprobou o calendario do proceso de investidura de Alfonso Rueda como presidente da Xunta. Esta non chegará até o 13 de abril. Vaites! Coas présas coas que fomos a eleccións antes do esgotamento da lexislatura, e coa gaña que semellaba ter o presidente por gañar o título pola vía electoral, non ten demasiada ansia pola proclamación oficial. E logo, non podía ser o día 6? Non pode ser, xa quedou.

Porque si, o presidente da Xunta ten un plan. Un planazo. Unha voda. Cásalle un amigo en Madrid: o mesmísimo alcalde, José Luis Martínez-Almeida. E cunha neta da curmá de Juan Carlos I! A voda do século é boa escusa para ausentarse unha fin de semana de Galicia. Madrid vén vale unha misa, como en varias ocasións se ten adulterado a Henrique de Borbón polos corredores de San Caetano. (...)

Podemos dicir que a Galicia contemporánea é unha casa construída por persoas que xamais quixeron habitala, que soñaban cun chalé adosado en lugares onde chove menos.(...)

 O derradeiro cravo neste sartego do autogoberno é este completo desinterese, por parte de quen debería encarnalo, polo seu cargo. (...) e en Galicia chove moito, xa sabemos. (...)"

(  , Tempos Dixital, 30/03/24)

No hay comentarios: