5/5/10

A denuncia pola falta de control nas oposicións chega aos concellos

(traductor gallego-español)

“Moito se fala do modelo Baltar, de meter a enchufados a dedo nun organismo público. Pois ben, iso non é unha cousa que só pase na Deputación de Ourense, pasa en gran número de concellos galegos e dá igual de que cor sexan”. Quen así fala é Emilio Doforno, de CC OO. O sindicalista asegura que a falla de transparencia nos procesos selectivos que se lle achaca á Administración autonómica é algo que tamén ocorre “e con moita frecuencia” nalgún dos 315 concellos galegos.

No que atinxe á convocatoria de oposicións para entrar no ente local, os concellos non dependen da Xunta senón que as súas actuacións deben rexerse polas normas que marca o Estatuto Básico do Empregado Público–unha norma de nivel estatal– e pola Lei de Réxime Local. Segundo esta normativa estatal, o órgano que garante a transparencia é o tribunal de avaliación das probas, mais os membros destes órganos son designados na maioría dos casos polo propio alcalde do municipio. El convoca as bases das oposicións, apróbaas e nomea os tribunais.

“O modelo Baltar, ese de meter a familiares e amigos a traballar, está moi estendido nun gran número de concellos galegos, e baséase en que aínda que se cumpran formalmente as normas das convocatorias de prazas públicas sempre se emprega algún recoveco polo que ao final acaba asentándose unha rede clientelar moi importante”, asegura Doforno. “En cantos concellos non se sabe de casos de nepotismo, de familiares de concelleiros que traballan no consistorio, ou de amigos ou compañeiros de partido que acaban sendo os únicos que coñecen a convocatoria dunha praza?”, reflexiona. Mais, a pesar da constatación dos feitos, semella que tanto sindicatos como partidos teñen moi claro que esta situación ten difícil solución." (Xornal.com, 05/04/2010)

No hay comentarios: