"O presidente de Portos presume no Parlamento que a súa polémica construción (que custará 1,5 millóns en plena crise) creará emprego en Galicia cando o concurso público para facela non está resolto, polo menos legalmente, e hai polo menos unha oferta de fóra de Galicia.
De feito, Astilleros de Bermeo ten presentado un recurso porque entende que o Goberno deseñou o prego de condicións a medida dunha firma de San Cibrao, a UTE San Ciprián, que sumou a mellor puntuación nas mesas de valoración, a última o 7 deste mesmo mes.
Entre as condicións do concurso está facer a embarcación nun lugar concreto do peirao deste porto da Mariña. Porén, nada impide ao estaleiro vasco, que xa fixo 200 embarcacións antigas de madeira, traer os seus propios carpinteiros de ribeira para facer o buque da Xunta." (Galicia Confidencial, 19/11/2010)
No hay comentarios:
Publicar un comentario