12/4/11

Galicia deixou ir máis de 170.000 mozos de 15 a 24 anos nunha década

"A comunidade non puido apuntalar o tímido repunte demográfico da primeira década do século XXI, que se asentaba sobre unha precaria inmigración e unha pequena suba nas taxas de natalidade e de fecundidade.

Como se dun soño se tratase, a realidade estatística fixo espertar a quen pensaba que a comunidade estaba deixando de ser un país de emigrantes.

Os datos do INE para o 2011 reflicten, por primeira vez dende o ano 2000, una perda de poboación total en Galicia, dos 2.797.653 do 2010, a os 2.794.516 do presente curso.

Esta baixada débese en gran medida a unha sangría nas franxas de idade comprendidas entre os 20 e os 24 anos e na dos 25 aos 29, onde no último ano a perda foi de 10.736 persoas exactamente.

No ano 2000, en Galicia había 179.424 individuos de entre 15 e 19 anos e 221.992 de entre 20 e 24. Hoxe esa cifra redúcese a 119.556 e 113.713, respectivamente. Unha baixada considerable.

O problema máis grande desta baixada en estas esferas é que os galegos pertencentes ao seguinte grupo de idade, o de entre 30 e 34 anos, corren o risco de quedar sen reemprazo xeracional de aquí a cinco anos.

Tendo en conta que é na franxa de 30 a 34 anos onde os galegos están decidindo ter fillos de forma maioritaria, a taxa de natalidade podería verse afectada nun medio prazo de forma negativa." (Xornal.com, 12/04/2011)

No hay comentarios: