"Que pasa en Pescanova?". Esa é a pregunta que se fan numerosos
analistas económicos que non entenden como unha empresa da súa magnitude
e, ata agora, recoñecida solvencia, poida estar pasando polo peor
momento da súa historia. Nas últimas semanas os movementos internos da
multinacional galega teñen sorprendido.
Por unha banda, as ventas de
accións realizadas polo seu presidente, Fernández de Sousa, antes de
anunciar os resultados negativos da firma, polo outro, a presión
realizada polo grupo Damm --accionista de Pescanova-- para que se
fixeran públicos eses resultados e non asinar as contas.
Os sindicatos insisten en que o grupo é "viable e produtivo, con
aumento do volume de facturación e beneficios" nos últimos anos.
Precisamente, nos nove primeiros meses de 2012 obtivo un beneficio neto
de 24,9 millóns de euros e unha facturación de 1.149 millóns de euros,
cun crecemento por encima do 6%.
Unhas cifras que a situaban entre as 10
empresas máis importantes do mundo no seu sector.Pero, a pesares destes
datos, desde hai un mes, está en concurso de acredores.
Todo comenzou na última reunión do seu consello xeral de accionistas do
pasado 26 de febreiro.
Os irmáns Carceller do grupo Damm --que posúe o 6,183% das accións do grupo--, en alianza co fondo luxemburgués Luxempart --5,83%-- negáronse a asinar as contas da firma. Uns días antes, Fernández de Sousa comunicaralles aos accionista que a empresa tiña un problema de liquidez de entre 50 e 60 millóns.
Os irmáns Carceller do grupo Damm --que posúe o 6,183% das accións do grupo--, en alianza co fondo luxemburgués Luxempart --5,83%-- negáronse a asinar as contas da firma. Uns días antes, Fernández de Sousa comunicaralles aos accionista que a empresa tiña un problema de liquidez de entre 50 e 60 millóns.
"Non xogou limpo"
A decisión enfada ao presidente, pero os irmáns Carceller aducen que
Fernández de Sousa "non xogou limpo" xa que se enteran de que, nos días
previos, vendera parte das súas accións, pasando do 14,42% inicial ao
7,45%.
Ofrencenlle, entón, remitir ao seu equipo de auditoría para resolver a situación pero o presidente négase e insiste en que a auditora de Pescanova, BDO, xa comunicara a súa disposición a dar informes de "auditoría favorable e sen incidencias".
Ofrencenlle, entón, remitir ao seu equipo de auditoría para resolver a situación pero o presidente négase e insiste en que a auditora de Pescanova, BDO, xa comunicara a súa disposición a dar informes de "auditoría favorable e sen incidencias".
Pescanova comunica, finalmente, á CNMV que non presentará as súas
contas de 2012. A sospeita dunha suposta duplicidade de contas dispárase
--fálase dunha débeda real de 2.500 millóns fronte aos 1.422
recoñecidos oficialmente-- e o seu valor en bolsa cae en picado,
perdendo máis do 70% do seu valor bolsista, uns 300 millóns de euros.
O capital alemán
A partir de entón sucedense os desencontros e as acusacións de xogo
sucio. Fontes próximas a de Sousa acusan aos irmáns Carceller de
traballar en contra da propia empresa e "ao ditado" do xigante alemán de
comida preparada Oetker co argumento de que esta empresa posúe o 25%
das accións da cervexeira española.
A intención, segundo estas fontes, e
que José e Demetrio Carceller --o primeiro conselleiro en Pescanova e o
segundo presidente de Damm-- buscan a dimisión de Fernández de Sousa
para facerse coas rendas da empresa galega para negociar con Oetker.
Este grupo, con 26.000 traballadores en toda Europa e unha facturación
anual de máis de 10.000 millóns de euros, controla negocios
multimillonarios de alimentación --a través da marca Oekter--; bebidas
--cervexas e viños--; industria --é dona do grupo Hamburg Süd, a maior
naviera privada de Alemaña-- e banca (os Oekter son propietarios de
Bankhaus Lampe, un banco de investimento alemán).
Ademais posúen
negocios relacionados coa industria química, o transporte --Roland
Transport-- e o turismo --unha cadea de hoteis de luxo con
establecementos en Alemaña, Francia e Marrocos--. En España dispoñen xa
de tres fábricas de pastelaría, produtos químicos e aditivos
alimentarios en Murcia, Zaragoza e Valencia.
"Beneficio" persoal
Sen embargo, outras fontes critican este intento do presidente de
"desviar a atención". Denuncian que está a vender filiais ás costas do
Consello de Administración. Denuncian que Sousa continúa como presidente
e sen convocar ao consello que vendeu dúas plantas en Ecuador e tratou
de facer o mesmo con outra filial en Chile e todo, din, sen informar.
"O que quere é beneficiarse el e arruinar á empresa", aseguran.
"O que quere é beneficiarse el e arruinar á empresa", aseguran.
E entre lea e lea, o futuro da compañía, fundada en 1960 en Vigo e con
máis de 10.000 traballadores en todo o mundo, é, cada día, máis incerto." (Galicia Confidencial, 24/04/2013)
No hay comentarios:
Publicar un comentario