"Galiza segue a perder caudal humano en medio dunha crise feroz. Uns
17.400 galeg@s abandonaron o seu lugar de residencia durante os
primeiros tres meses do presente ano 2013 para traballar noutra
provincia do Estado, segundo recolle un informe realizado pola empresa
de Recursos Humanos Randstad.
O número total de desprazad@s é moito
maior tendo en conta a quen se dirixe en busca de emprego fóra do
Estado.
O estudo cualifica a Galiza como territorio “emisor” posto que son
moitas máis as persoas que marchan que as que chegan para traballar.
Pontevedra é a provincia administrativa da que máis xente marcha, con
6.700 migrantes, seguida da Coruña con 6.500.
O perfil maioritario d@s traballadores e traballadoras que se
desprazan é o dun home de 25 e 44 anos, con estudos secundarios, que se
dirixe a outra provincia para ocupar postos nas actividades relacionadas
co turismo, o comercio e na construción. " (Sermos Galiza, 25/06/2013)
No hay comentarios:
Publicar un comentario