28/7/14

Logran paralizar por segunda vez o despexo dunha familia en Aríns (Compostela)

"Máis unha vez o despexo que pendía sobre a familia de Carlos e María (parella en paro, con 2 fillos e unha persoa maior) foi paralizado. Desta volta, até setembro. 
Activistas de Stop Desafiuzamentos e veciñ@s desta parroquia compostelán volveron se mobilizar xa a primeira hora da mañá desta segunda feira para apoiar á familia e tentar evitar o despexo. Enfronte, unha forte presenza policial. Pola parte acredora fixeron acto de presenza o procurador e o secretario xudicial.

A familia xa presentou hai un tempo unha denuncia apoiada pola plataforma Stop-desafiuzamentos Compostela por "estafa". A súa casa é propiedade dun empresario francés que lles emprestou cartos a cambio de ficar coa propiedade en réxime de aluguer. R.M., iniciais do prestamista francés, foron feitas públicas no seu momento pola plataforma cidadá que denuncia as actividades do devandito empresario quen se dedica a arrendar vivendas "por conta propia" segundo se pode atopar na Internet.

Após diversos impagos, por imposibilidade económica, do diñeiro que lles exixía o prestamista solicitou a orde de desafiuzamento mais a presenza de activistas e veciñanza impediu que esta se levase a cabo esta terza feira. " (Sermos Galiza, 28/07/2014)

No hay comentarios: