"30 persoas desempregadas atoparon no proxecto Empreamar unha
perspectiva de futuro e a formación necesaria para converter as súas
ideas nun negocio rendible e dinamizador da contorna.
Por iso, a
Comisión Europea seleccionou esta iniciativa de Campus do Mar e o Grupo
de Acción Costeira Seo de Fisterra - Ría de Muros e Noia como exemplo de
boas prácticas en materia de emprendemento e investimento nas persoas.
Grazas a esta distinción, a única para un proxecto galego, a iniciativa
especialmente deseñada para esta zona da costa coruñesa presentarase en
sociedade na Sailing towards 2020, a conferencia anual da Rede Europea
de Zonas Pesca da Comisión Europea (Farnet).
Este organismo europeo
destaca que Empreamar xera valor social e económico favorecendo os
sectores económicos da zona a través do apoio a iniciativas empresariais
relacionadas co medio mariño. (...)
O obxectivo é fomentar o emprendemento no eido mariño, poñendo en
marcha novas iniciativas empresariais que aproveiten de xeito
sustentable a gran cantidade de recursos que ofrece o mar para xerar
valor económico e social no ámbito territorial de actuación deste Grupo
de Acción Costeira. Con todo, Cristina Quelle non descarta que, de
atopar o financiamento preciso, esta iniciativa se poña en marcha
noutros GAC, que amosaron o seu interese polo proxecto.
Empreamar arrancou hai xusto un ano con arredor de 30 inscritos dos
concellos de Carnota e Porto do Son. Durante os primeiros meses
recibiron cursos de formación e titorización da man do Campus do Mar e
de expertos de diferentes eidos, así como asesoramento sobre as
convocatorias dos grupos de acción costeira.
Deste xeito os
participantes recibiron formación sobre maduración de proxectos, análise
de viabilidade, estratexias de comunicación e presentación pública da
idea de negocio, posicionamento nas redes sociais, estratexia de marca
persoal/profesional e márketing da idea de negocio. Na segunda fase
estiveron en contacto directo con emprendedores e empresarios que lles
amosaron casos de éxito.
Esta etapa deu paso á terceira parte do
proxecto, que ten como obxectivo converter as súas ideas no xermolo dun
negocio. Entre os 30 participantes iniciais, un xurado seleccionou seis
iniciativas empresariais, que na actualidade están na fase de
preincubación en instalacións de ambos concellos ata que dean o salto
definitivo ao mercado.
Nestes espazos os emprendedores maduran dende hai
seis meses o seu proxecto e reciben o asesoramento científico-técnico e
de emprendemento que a súa idea de negocio require. Para isto contan, a
través do Campus do Mar, co apoio de expertos universitarios nos eidos
relacionados con cada unha das empresas para solucionar calquera dúbida
que teñan.
Os seis proxectos que agora están a piques de tornarse realidade son
ben dispares. Os inquilinos dos espazos de incubación en Carnota son
Alba Quintela, que presentou un proxecto sobre produción e
comercialización de camarón; Hanno Gallinger, que traballará no afumado
de xarda en Portocubelo e María Carmen Sánchez, que acadou o premio co
proxecto Galuriña. Pola súa banda, en Porto do Son traballarán Luis
García, que tentará desenvolver un sistema modular de produción e
extracción de bivalvo; Verónica Maneiro, promotora de Liémolo palangre,
una iniciativa de educación ambiental e Pablo Santos, que centrou o seu
proxecto innovador no cultivo de algas.
A Rede Europea de Zonas de Pesca, Farnet, agrupa a todas as zonas de
pesca que reciben axudas ao amparo do Eixo 4 do Fondo Europeo de Pesca e
o seu núcleo está formando por arredor de 300 grupos de acción local de
pesca (FLAG) de 21 países membros.
A selección de Empreamar como un dos
42 exemplos de proxectos de éxito vén derivada, segundo explica a
propia rede, pola coincidencia dos seus obxectivos cos temas
prioritarios de Farnet, polos obxectivos acadados e pola
transferibilidade. Neste sentido destacan “o desenvolvemento de
capacidades ao engadir valor aos produtos pesqueiros e recursos mariños
locais, á comercialización alternativa, á creación de emprego é a
diversificación deste sector”.
De feito, agárdase que estas iniciativas
emprendedoras poidan xerar 10 novos postos de traballo nesta comarca.
Remarcan tamén que estes proxectos destinados a promover as aptitudes
emprendedoras e á posta en marcha de iniciativas empresariais axudan a
superar os retos aos que se enfrontan moitas zonas pesqueiras de Europa." (Galicia Confidencial, 06/05/2015)
1 comentario:
Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /
Publicar un comentario