"Ferrol, a cidade ilustrada que naceu como exemplo de
orde e futuro, é xa unha cidade do pasado. A urbe xa é a sétima de
Galicia en poboación e baixou da barreira dos 70.000 veciños o pasado 2014, quedando en 69.259 residentes.
De acordo cos datos que publicou este martes o Instituto Galego de
Estatística (IGE), Ferrol tería perdido nun só ano 1.130 menos. Un
goteo que, nos últimos 24 anos provocou a redución de máis de 18.000 veciños, pasando dos 87.691 que había en 1981 aos pouco máis de 69.000 actuais.
Unha situación de demostra o fracaso das políticas do actual rexedor, o popular José Manuel Rey Varela,
que, cando chegou a Alcaldía, en 2011, prometeu un crecemento
poboacional como unha das metas do mandato. Pero, os datos din outra
cousa, nestes anos o número de ferrolanos baixou en case 4.000 persoas.
Por iso, puxo en marcha un programa de bolsas para
todos os nenos de 0 a 3 anos matriculados nas gardarías da rede pública
(A Galiña Azul) ou concertada (Afesin) da cidade. Tamén anunciou que os
pais dos menores recibirán de 50 a 70 euros mensuais por fillo -de
acordo ás bases da convocatoria aprobadas este luns na Xunta Local- en
función de se teñen un fillo (50 euros), dous (60 euros cada un) ou tres
(70 euros) nunha escola infantil.
Tamén a candidata do PSOE, Beatriz Sestayo,
comprometeuse a impulsar "un plan completo de medidas", entre as que
citou un plan de vivendas apoiado nun urbanismo sustentable, para que a
cidade recupere poboación e tachou o declive de "sangría permanente e
auténtica catástrofe". En todo caso, criticou ao PPdeG por poñer a
Ferrol á cabeza en desemprego en Galicia cunha taxa que rolda o 25% na
comarca." (Galicia Confidencial, 27/02/2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario