15/9/15

Un dos primeiros bombeiros forestais que chegou á zona di que que a “falla de decisións” converteu o que era un “pequeno fume” nun gran incendio

"Nos retiraron cuando sabíamos que lo peor llegaba al pueblo, eso es impotencia, al día siguiente queríamos volver queríamos estar ahi, no habernos ido, pero lo que nos mandaron fue ir a desbrozar, esto es surrealista”. É a denuncia que fai un dos primeiros efectivos das Brigadas de Reforzo en Incendios Forestais (Brif) que chegaron o lume de Cualedro o pasado domingo.

No grupo de FB de Bombeiros Forestais, o usuario Montxo Montxuelo lembra que, tras a chamada de alerta acudiron dúas brigadas e dúas motobombas que viñan de Viana. “Al llegar a los eólicos llegó otra birgada que venía del distrito de Baixa Limia”, apunta.

Este bombeiro forestal lamenta que, quizais, os efectos do lume poderían ter sido menos se a actuación e as decisións foran outras porque, asegura, que no seu caso, que chegaron de “primeiros”, houbo “decisións técnicas” que puideron ter provocado o desastre.

“Nuestro caso es si cabe peor vimos crecer el incendio desde que no era nada llegamos quizás más tarde de lo que deberíamos véase por ser de otro distrito, esperar que dieran el ok etc, ya que íbamos a Viana, pero llegar de primeros y ver como aquello pasó de ser un pequeño humo en el horizonte hasta convertirse en lo que se convirtió, entre la falta de decisiones que no nos dejaron actuar y la virulencia de este monstruo, sí que nos dejó realmente jodidos y volvernos totalmente desmoralizados sobretodo porque nos retiraron cuando sabíamos que lo peor llegaba al pueblo”, lembra.

Por iso, laméntase de que non puideran ter feito máis. “Sé que algunos volvisteis reventados que otros aún por encima fuisteis de voluntarios y aunque consiguieseis salvar algunos bienes materiales etc, os volvisteis del trabajo jodidos por la impotencia, aún así os envidio. Nuestro caso es si cabe peor”, di ao suliñar que viu como o lume pasou dun sinxelo “fume” a un voraz incendio.

Nestes casos, e segundo os propios profesionais, quen decide as actuacións para facer fronte ao lume, non son os axentes, senón os técnicos de distrito, que son os que mandan os medios. Unha vez no lume é cando un axente decide.

“Pareceme moi raro que un axente non vos deixase actuar si vos mandaron dende o distrito. salvo que non tuverades os epis que iso xa seria loxico... Home a veces hai que sacalas meu. nos eolicos e dificil paralo vindo coa forza que viña. Normal”, constestoulle outra compañeira no grupo de FB de Bombeiros Forestais.

Tamén outro compañeiro apunta que “coa forzar q iba , si non actuachedes ,hay moitas razons como di Sonia , igual se esperaban motobombas , helis , as veces os batelumes non valen ca altura da llama , ou iban facer contra lume , ou técnico e axentes mirando por donde atacarlle ,as veces hay vidas en juego non se pode meter un o loco , ou hay q deixar a zona de monte e defender aldeas .......”.

“Actuar actuamos pero bueno creo que podíamos haber hecho más pero ya está no quiero entrar en detalles, no quería echarle la culpa a nadie con mi comentario”, tentou zanxar o autor das críticas. " ( Galicia Confidencial | Ourense | 02/09/2015)

No hay comentarios: