"O sindicato médico CESM demandou esta segunda feira o
Sergas perante a Fiscalía por un presunto "homicidio imprudente" e
"outros delitos" após o falecemento dunha doente no novo hospital de
Vigo.
Segundo o sindicato poderían existir responsabilidades penais derivadas da morte dunha muller atinxida por unha forte doenza hepática á que se lle detectaron altas doses de aspergillus, un fungo.
O CESM coida que o traslado de pacientes ao Álvaro Cunqueiro
foi precipitado ao non existiren garantías suficientes de que as
instalacións reúnan as condicións exixíbeis de seguridade, algo que foi recoñecido desde a Consellaría de Sanidade ao anunciar a paralización do traslado de pacientes.
En declaracións á imprensa no momento de presentaren a denuncia,
desde o sindicato lembraron que o edificio do novo hospital está aínda
"en obras" e atribúen a "precipitación" na mudanza de doentes á
"urxencia da concesionaria por comezar a cobrar o canon e os servizos
extra-hospitalarios".
Neste senso, subliñaron a "responsabilidade" de Sanidade por ter
autorizado a abertura do complexo malia os "riscos" existentes para a
saúde das persoas. " (Sermos Galiza, 08/09/2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario