11/3/16

Ferrol fai públicos todos os seus contratos e subvencións

"O Concello de Ferrol ven de facer públicos este mércores todos os contratos e subvencións asinados polo Goberno local desde o inicio do mandato, en xuño do 2015 a través da web www.ferrol.es, na que tamén se poden consultar as actividades e bens patrimoniais dos 25 concelleiros da corporación municipal.

Nesta web pódense consultar as subvencións e contratos asinados ata o 8 de marzo, así como as empresa adxudicatarias de obras ou entidades subvencionadas. Os veciños tamén poden consultar as retribucións anuais do alcalde, dos concelleiros con e sen responsabilidade de Goberno, e as asistencias por concorrencia efectiva as sesións dos órganos colexiados (pleno, xunta, comisión, delegacións de Alcaldía e voceiros).

A lei (19/2013) do 9 de decembro obriga a publicar os contratos formalizados desde o 10 de decembro do 2015, con indicación do obxecto e o importe de licitación e duración. Sen embargo, o Concello de Ferrol suliña que “preferiu facelo” desde o inicio do mandato, en xuño do 2015.

Sen embargo, neste portal aínda non se poden consultar as subvencións ou axudas realizadas aos medios de comunicación. De feito, os grupos que compoñen o Executivo ferrolán, Ferrol en Común e o PSdeG, comprometéronse a a presentar unha Lei de Publicidade Institucional a comezos deste ano que aínda non presentaron."            (Galicia Confidencial | Ferrol | 10/03/2016)

No hay comentarios: