"O Concello da Coruña encargou a súa Asesoría
Xurídica un plan para unha consulta cidadá sobre o futuro dos terreos do
bordo litoral. O municipio está a negociar con Portos do Estado a
compra de varios peiraos para evitar que, unha vez que caducan as
concesións, continúen en mans privadas.
En concreto, o Concello ofrece 1,4 millóns á
Autoridade Portuaria polos terreos do Hotel Finisterre e da Solana. O
Estado estaba decidido a continuar coa privatización para obter cartos cos que paliar a enorme débeda da Autoridade tras construír o Porto Exterior
en Punta Langoseira.
Con todo, a última hora o Consello de Administración do Porto da Coruña aparazou de forma temporal a poxa dos terreos do hotel Finisterre e A Solana.
A nivel político, o Goberno da Marea Atlántica está a apoiar as mobilizacións de varios colectivos. O Salón de Plenos do Concello abreiuaw pE unha recepción cidadá na que as entidades da cidade que apoian á Comisión Aberta en Defensa do Común debateron precisamente sobre o futuro destes terreos.
“O noso obxectivo, como sempre manifestamos, é acadar unha solución global para a fachada atlántica da cidade que garanta a súa titularidade pública, o que tamén pasa por establecer uns criterios de ordenación adecuados para estes terreos”, prometeu o acalde.
Xulio Ferreiro asegura que “o informe solicitado é clave para marcar os pasos que temos que seguir para poder levar a cabo esa consulta, que se enmarca dentro dun proceso participado coa cidadanía que vai máis alá do propio referendo, e que pasa, ademais, pola apertura dun verdadeiro foro de debate. A xente ten que poder decidir sobre o futuro da cidade, e sobre como é A Coruña que quere”, indicou o alcalde.
De concretarse, será primeira vez na recente Historia de Galicia que un municipio organiza unha consulta popular oficial." (Galicia Confidencial, 01/03/17)

No hay comentarios:
Publicar un comentario