"A Costa da Morte, como outras moitas comarcas de Galicia, segue despoboandose, sobre todo, pola emigración e o envellecemento da poboación. Entre 1998 e 2016 aumentou un 17%
a emigración costeira, tendo hoxendía 35.500 emigrantes, 5.200 máis que
en 1998. Isto supón un 29% da poboación costeira, cando en 1998 a
poboación emigrante representaba un 21%.
Con todo, os datos fanse aínda máis trascendentes se se ten en conta que a poboación costeira diminuíu nun 14% neses últimos 18 anos. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), un 70% dos “emigrantes” costeiros viven noutro concello na mesma provincia. Así, nada menos que un 20% da poboación da Costa da Morte reside noutro concello da provincia.
Máis emigrantes no estranxeiro
En todo caso, a emigración ao estranxeiro é a que máis aumenta. Os residentes no estranxeiro representan neste 2016 o 18% dos emigrantes desta comarca, e un 5% da poboación costeira. Unha situación moi diferente, e moito máis acentuada que hai 20 anos. En 1998 os emigrantes no estranxeiro supuñan un 3%, polo que o aumento da emigración queda patente con 2.300 emigrantes máis desde entón.
Máis en Carballo e Cee
Ollando os datos municipais, Carballo é o que peor parado en termos de emigración comparando as cifras de 1998 e 2016, se ben é o único concello da bisbarra, xunto a Cee, que viu medrar a súa poboación xeral. De feito, Cee tamén sufriu moito a emigración, segundo os datos absolutos.
Pola contra, Cabana e Dumbría son os que menos sufriron a emigración, e se ben a sangría poboacional diminuíu enormemente a súa poboación nestes 18 anos, teñen menos emigrantes que entón." (Galicia Confidencial, 13/03/17)

No hay comentarios:
Publicar un comentario