"Alfredo Bea Gondar, ex alcalde do Grove; os tamén
ex rexedores de Ribadumia, José Ramón Barral, "Nené" e da Guarda,
Manuel Díaz González, "Ligero"; Vicente Otero, "Terito" ou Pablo Vioque
teñen en común ter sido investigados por contrabando, narcotráfico ou
blanqueo de capitais. Unha suposta relación co mundo da delincuencia da
que tamén tiveron que dar conta Feijóo pola súa relación con Marcial
Dorado e Rajoy, tras un acto electoral nun barco dun clan galego do
narcotráfico.
Alfredo Bea Gondar, ex alcalde do Grove é, novamente,
protagonista nos medios de comunicación. E desta volta, non o é polos
problemas políticos que tivo neste concello a comezos dos anos 90, nin
polo xuízo por branqueo de diñeiro do narcotráfico ao que se enfrontou
no 2005, senón por pedir o secuestro do libro Fariña que, precisamente, dá conta duns dos feitos máis escuros da crónica negra da política galega.
Unha política que, nalgúns casos, e especialmente na comarca da Arousa, estivo vinculada co contrabando e o narcotráfico durante os anos 80 e 90. De feito, non só Bea Gondar foi condenado por branqueo de diñeiro –unha sentencia que deixaría sen efecto posteriormente o Tribunal Supremo--, senón que outros ex altos cargos do PP tamén estiveron envoltos en turbios negocios que acabaron nos tribunais. Algúns deles mesmo foron condenados por delitos de contrabando e de narcotrafico ao longo dos últimos 25 anos.
Unha política que, nalgúns casos, e especialmente na comarca da Arousa, estivo vinculada co contrabando e o narcotráfico durante os anos 80 e 90. De feito, non só Bea Gondar foi condenado por branqueo de diñeiro –unha sentencia que deixaría sen efecto posteriormente o Tribunal Supremo--, senón que outros ex altos cargos do PP tamén estiveron envoltos en turbios negocios que acabaron nos tribunais. Algúns deles mesmo foron condenados por delitos de contrabando e de narcotrafico ao longo dos últimos 25 anos.
Os dous exemplos máis destacados da relación que existiu entre os
populares e os xefes da droga ou do tabaco dos anos oitenta e noventa
son Vicente Otero, "Terito" e José Ramón Barral, "Nené".
OS GRANDES CASOS DO PPdeG
"Terito" foi o auténtico padriño do tabaco na comarca
de Arousa nos anos oitenta. Grazas ao tráfico de "cajetillas" fíxose
millonario e tamén unha persoa respectada e querida polos seus veciños.
"Terito" formou parte do Partido Popular, partido que chegou a
concederlle a medalla de ouro pola súa adicación.
Outro das grandes figuras do diñeiro negro do PPdeG foi "Nené" Barral, alcalde de Ribadumia por
este partido durante dúas décadas e valedor durante moitos anos do ex
presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Este dirixente
popular tivo que dimitir na primavera de 2001, despois de que a Garda
Civil o colleu cun cargamento de tabaco e foi imputado por fraude e
evasión fiscal.
Varios militantes do PP, que despois aparecerían citados con profusión
en informes da policía e instrucións xudiciais, fixeron os seus
primeiros pasos en política. Un dos casos máis sonados foi o de Pablo Vioque,
secretario da Cámara de Comercio de Vilagarcía e militante de Alianza
Popular na mesma cidade e, no seu día, moi vinculado ao entón
vicepresidente da Xunta con Albor, Xosé Luis Barreiro.
Pablo Vioque, avogado de coñecidos narcos, caeu en desgraza cando a
policía e a xustiza consideraron probado que xa non era un simple
avogado e que estivera detrás dalgún alixo de cocaína. Na época de ouro
do narcotráfico en Galicia -finais dos oitenta e os noventa--, Vioque
traballaba na Cámara de Comercio de Vilagarcía con dous curmáns; Luís Jueguen Vilas, vicepresidente desta entidade e con cargos no PP de Vilagarcía e José Manuel Vilas,
tesoreiro da cámara e un dos rostros máis coñecidos do PP local dos
anos oitenta. Precisamente, Vilas foi asasinado en marzo de 1992 logo de
que ambos os dous curmáns se reuniran nun parque público de Benavente
con dous sicarios colombianos.
OUTROS CARGOS
Pero ao longo dos últimos 25 anos existiron outros militantes e dirixentes non exentos de polémica. Un deles foi Manuel Díaz González, "Ligero",
alcalde popular da Guarda nos oitenta e amigo persoal de Manuel Fraga.
Este ex rexedor amasou presuntamente a súa fortuna co contrabando de
tabaco a Portugal.
Tamén a comezos da pasada década era detido Ramón Longa Vidal, alcumado "Chito"
e militante do PP en Vilagarcia de Arousa, nunha operación dirixida
polo xuíz da Audiencia Nacional Juan del Olmo. A Policía relacionouno
entón co contrabando de mil quilos de cocaína interceptados en
Portugal.
O FAMOSO DIÑEIRO NEGRO
As detencións de Pablo Vioque e José Ramón Barral, "Nené", entre maio e
xuño de 2001, puxeron en evidencia que os negocios sucios e a
corrupción política de determinados cargos do PP. Non foron os unicos
cargos do Partido Popular vinculados en asuntos de tabaco ou de drogas. O
propio Alfredo Bea Gondar tivo que comparecer ante a Xustiza pola súa
participación en operacións de miles de quilos de cocaína xunto ao
avogado Pablo Vioque e outros narcotraficantes.
Precisamente, algúns destes cargos populares, como "Nené" Barral
utilizaron, segundo o xuíz que o condenou, a súa posición na Deputación
de Pontevedra para realizar facturas por traballos nunca realizados.
Unha destas facturas foi emitida a nome dunha empresa cuxos titulares
eran persoas próximas do narcocontrabandista Baltasar Mouta Piñeiro. Mouta estivo asociado con "Nené" en negocios de tabaco, da mesma maneira que o narcotraficante Manuel Carballo Jueguen.
PRESIDENTES NA PICOTA
O semanario Novas da Galiza publicou hai uns anos que tanto Manuel Fraga coma Gerardo Fernández Albor
mantiveron encontros con coñecidos contrabandistas arousáns. Así,
apunta este medio que os lugares habituais de encontro de Manuel Fraga
cos narcocontrabandistas eran os bares-restaurantes "Santos", "Benito
Calteiro", "La Sirena" e "Alúmina", na localidade pontevedresa de
Vilanova de Arousa. Entre estes estarían Luís Falcón, “Falconetti”, ou
Vicente Otero Pérez, “Terito”.
Tamén o ex presidente Gerardo Fernández Albor, acompañado por quince
altos cargos do goberno autonómico mantiveron un encontro con varios
tabaqueiros refuxiados en Portugal logo de que o novo executivo do PSOE
de Felipe González puxera prezo ás súas cabezas.
Manuel Rivas, nunha cŕonica de El País de
1984 sinala que “El establecimiento A Boega fue anteriormente noticia
como escenario de un encuentro "casual y muy breve", según la versión
oficial, entre varios de los procesados huidos y el presidente de la
Xunta, Gerardo Fernández Albor, que se encontraba en el local cenando
con autoridades portuguesas.
Este conato de entrevista, el 6 de julio,
no fue protagonizado por el grupo de los llamados servandos, como se
informó en algunos medios, sino por Marcial Dorado, José Luis Paz,
Benigno Suárez y José Barreiro. Trataban de que Albor intercediera ante
la justicia. El asunto mereció un debate en el Parlamento gallego, a
raíz de una interpelación socialista".
FEIJÓO E DORADO
Aparece aí xa Marcial Dorado, coñecido contrabandista
entón, e que posteriormente mantería unha estreita amistade co actual
presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como acreditan as famosas
fotografías publicadas en 2013 polo xornal El País e que supuxeron un
dos momentos máis críticos para o actual líder do PPdeG.
"Creo que non fun con el a Andorra, había neve, parece
ser que eran os Picos de Europa", dixo o presidente ao fío destas fotos
co narcotraficante Marcial Dorado. Con todo, negou que adxudicase
contratos as súas empresas, a pesar de que as empresas do narco foron
proovedoras de combustible para calefacción do Servizo Galego de Saúde
(SERGAS, dependente da Consellería de Sanidade) entre 1991 e 1996, cando Feijóo era o núméro dous deste departamento. Ademais, alegou ignorancia sobre os negocios do chófer da Xunta que era amigo común do político e do delincuente.
RAJOY NO MOROPA
"Terito" foi durante anos o referente popular en Cambados, da mesma
maneira que en Ribadumia o foi "Nené" e Pablo Vioque en Vilagarcia de
Arousa. Todos eles terían mantido varios encontros co presidente do
partido desta provincia e presidente provincial, Mariano Rajoy.
Non son os únicos lazos que Rajoy tivo con investigados por contrabando
e narcotráfico. En 2009, en vésperas das eleccións europeas, o actual
presidente do Goberno español protagonizou un acto electoral no iate Moropa, propiedade dun clan de narcotraficantes. A familia propietaria da embarcación eran coñecidos como o clan dos Caneos, que confesaron introducir cocaína a España polas costas galegas." (Xurxo Salgado, Galicia Confidencial, 21/02/18)
No hay comentarios:
Publicar un comentario