"Ao principio todo o mundo desconfiaba do proxecto
pero grazas a que os seus fundadores creron sempre nel, na parroquia
non houbo que emigrar. O concepto de xuntar terras hai 50 anos era
totalmente innovador e non tiña moito que ver coa mentalidade daquela
época”, así explica Xan Ramos presidente de Grille Sociedade Cooperativa
Galega, antes Cooperativa de Explotación Comunitaria do Campo San Cosme de Antes, en Mazaricos.
“A fórmula deu froitos e foi exitosa ata hoxe en día, medio século despois”, di orgulloso Ramos.
Foi un 26 de febrero de 1968
cando o Goberno Civil aprobaba os estatutos desta cooperativa que na
actualidade está na listas das principais explotacións lácteas galegas.
Os seus fundadores entón foron José García Vilas, Olimpio Álvarez
Casanova, Juan Rial Rial, José Ponte Martínez, Manuel Ramos Silva,
Manuel Suárez Ramos, José Currais Rodríguez, José Turnes Noya, Eliseo
Ramos Silva e José Maneiro Mouzo.
Precisamente, para celebrar este 50 aniversario, as persoas socias e vinculadas á cooperativa déronse cita nun restaurante este luns para lembrar ese feito. Agasallouse aos presentes cunha cunca de Buño xunto coa acta fundacional da cooperativa e cunhas figuras, tamén de Buño ás persoas fundadoras.
O alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro aproveitou a oportunidade para “parabenizar” aos socios fundadores por “ser pioneiros e ter a valentía de botar a andar un modelo produtivo e cooperativo que, naquela altura era case impensable”. Do mesmo xeito salientou a “traxectoria meteórica” da cooperativa pois “segue cos mesmos valores pero ten vacas de alta xenética e produce máis de 10.000 litros de leite ao día”. (Galicia Confidencial, 27/02/18)

No hay comentarios:
Publicar un comentario