"As comunidades de montes afectadas polos lumes do pasado outono están preocupadas pola ausencia de xestión da madeira queimada
sen valor comercial. A Xunta convocara axudas para a súa retirada, co
compromiso de resolver as solicitudes antes do 31 de xaneiro, pero a
inicios de abril esas axudas continúan sen resolve. “E isto cos
conseguintes prexuízos para os montes veciñais porque, na práctica, isto
non permite iniciar os traballos”, indican.
“Tendo en conta o preto que se está do inicio da época de alto risco de lumes, a partir do 31 de maio, non se entende a lentitude da Administración
en facilitar a corta e trituración desa madeira”, suliñan nun
comunicado. De feito, a propia Administración autonomica comprometérase o
pasado outono a executar de oficio a retirada da madeira sen valor
comercial que non puideran xestionar as comunidades, pero nada se volveu
saber dese compromiso.
A Asociación Forestal de Galicia está a abordar estas preocupacións na ronda de reunións que está mantendo con comunidades de montes socias, a última das cales desenvolveuse a tarde do pasado xoves en Dodro (A Coruña), con comunidades de Barbanza, Arousa e Costa da Morte.
O problema orixinado pola madeira queimada non comercial bloqueada en monte é especialmente significativo nos montes veciñais da provincia de Pontevedra, moi afectados pola vaga de lumes do pasado outono.
Desde a Asociación Forestal de Galicia considérase urxente acometer a retirada da madeira queimada non comercial para previr situacións de ‘selvatización’ do territorio e, como segundo paso, é necesario que a Administración poña en marcha un plan de rexeneración dos montes queimados. Estas esixencias serán un dos eixos principais da reunión que a Asociación ten solicitada coa Dirección Xeral de Ordenación e Produción forestal.
DESATENDIDOS
Outra cuestións que se está constatando nos encontros que mantén a Asociación Forestal de Galicia coas comunidades de montes socias é o sentemento común de estar desatendidas por parte da Administración.
Os comuneiros critican os bandazos que se están a dar na lexislación forestal (cambios nas distancias entre plantacións forestais e vivendas, por exemplo), sen que a Administración lles consulte aos propietarios forestais.
“Son esixencias normativas que, en moitos casos, é a propia Administración quen as incumpre, tal como acontece nas infraestruturas de comunicación que están baixo a súa xestión ou mesmo nos montes que xestiona en convenio, moitos dos cales se atopan nun estado lamentable”, indican.
Tamén critican os comuneiros que non se puxeran aínda os medios e incentivos necesarios para crear unha cadea industrial que innove, creando gamas de produtos que deriven na apertura de novos mercados e así evitar que a produción forestal só alimente á industria do papel e taboleiro.
Nese sentido, faise necesario concienciar á sociedade da necesidade de consumir produtos derivados da madeira porque axudaría á mellora significativa dos nosos montes." (Galicia Confidencial, 09/04/18)

No hay comentarios:
Publicar un comentario