"O persoal da Unidade de Urxencias do CHUO de Ourense
está atendendo ingresos de maneira extraoficial ao non dispoñer de
camas suficientes na área de hospitalización. Ademais, dende a apertura
do novo hospital, as queixas polas condicións en que están os pacientes
non paran de aumentar.
"A xerencia do CHUO négase a abrir máis camas
estruturais e a aumentar a contratación de persoal", aínda habendo
plantas baleiras, di nun comunicado a Asociación de Usuarios e Pacientes
do CHUO.
O resultado, proseguen, é a "precarización extrema
dos dous servizos sanitarios básicos como son a hospitalización e a
atención urxente". O persoal vese obrigado a habilitar camas, traídas do
almacén ou doutras outras unidades, en salas mixtas para a atención de
pacientes que deberían ter ingresado nunha área de hospitalización días
atrás.
Os pacientes poden permanecer ata tres días nesta situación, "esperando, nunhas condicións indignas, por unha cama en planta", aseguran. Durante os últimos meses son numerosas as queixas que veñen dende o hospital. "O acinamento e a ausencia total de intimidade", a "ventilación insuficiente" que provoca "malos olores", dificultade para levar a cabo os ingresos en condicións de illamento e a falta de espazo para traballar son algunhas das reclamacións.
Así pois, a situación é complexa tanto para os pacientes coma para os traballadores. "As camas están separadas unicamente por un espazo de arredor de 80cm dividido por unha cortina. Os/as pacientes deben comer tumbados e poden pasar días nestas salas sen dispoñer dun armario ou mesiña para gardar as súas pertenzas persoais", din dende a Asociación.
Do mesmo xeito, "as auxiliares e enfermeiras vense moi limitadas á hora de realizar probas, poñer medicación ou asear a un paciente, xa que moito material non colle entre as camillas e a mobilidade da que dispoñen é mínima". Isto, din, hai que sumalo á "desorganización xeneralizada" pola "sobrecarga de traballo".
Proseguen as queixas hospitalarias: "un único baño sen ducha para 27 persoas na sala de Diagnóstico e Tratamento, tendo que realizarse o aseo dos pacientes na propia camilla; distintas especialidades mesturadas, cos conseguintes riscos; e medicacións que chegan tarde e con erros".
Perante esta situación, "a única solución que se ofrece a pacientes e familiares é cursar os ingresos en clínicas privadas". Con todo, hai numerosas partes do hospital que permanecen pechadas ou só cunhas poucas camas abertas, informan.
Na Asociación de Usuarios e Pacientes e entre o persoal do hospital xorden dúbidas: "Por qué os 41 millóns de diñeiro público destinados á construción do novo hospital non están repercutindo nunha mellora da calidade na atención, se non máis ben todo o contrario?".
Así mesmo, aseguran que o novo xerente da EOXI afirmaba que están abertas o 100% das camas, o que consideran unha "falta de respecto a usuarias e traballadoras". "Non nos cansaremos de esixirlle que se sente a escoitar, asuma erros e comece a consensuar unha solución para a grave situación do servizo de urxencias entre outros, ou que marche para a casa". (Galicia Confidencial, eldiario.es, 18/06/18)

No hay comentarios:
Publicar un comentario