"Centenares de persoas sumáronse este domingo á
manifestación convocada polos traballadores do transporte de residuos
sólidos urbanos a Sogama para demandar a readmisión dos oito traballadores que Transportes Pacholo (unha das compañías subcontratadas para a realización deste servizo) despediu, así como o cesamento do "acoso laboral".
A
mobilización saíu do polígono industrial da localidade ao redor das
11,30 horas deste domingo, e terminou ás portas do concello, onde o
presidente do comité de empresa, Manuel Regueiro, agradeceu ás persoas
asistentes a súa solidariedade.
Encabezada por unha pancarta que rezaba 'Transporte de Sogama solución. Non aos despedimentos e ou acoso laboral', a manifestación denunciou a situación que viven os empregados e que provocou a convocatoria de folga indefinida, que leva xa 29 días.
Así, criticaron a oferta de readmisión que a UTE gañadora do concurso público de transporte de residuos a Sogama, formada por Copasa, Renfe e Logirail, propuxo ao oito despedidos, que consistía en recolocalos noutras empresas do grupo Copasa e non no transporte de lixo.
"Aceptar iso sería vender a estes compañeiros e asinar a nosa sentenza de morte", asegurou Regueiro, porque, ao seu xuízo, antes dos despedimentos eran 80 traballadores no transporte de residuos e o posto destes empregados non se amortizou. "De feito, agora fano outras cinco empresas piratas que meteron camións para facer o noso traballo nunhas condicións infinitamente peores", lamentou.
Para o persoal, dar esa proposta por boa, e aceptar esas recolocacións "envelenadas" abriría a porta a que despois o resto seguisen o mesmo camiño. Así mesmo, denunciaron que á "Xunta financia o acoso laboral". (Galicia Confidencial, 12/05/19)

No hay comentarios:
Publicar un comentario