"O nacionalismo segue supurando Amio por todas as veas.
Pasaron sete anos desde a gran ruptura do nacionalismo e as feridas non
dan fechado. Semella, ademais, que aumentan ano tras ano. A última
posibilidade dunha gran fronte nacionalista para o 10N, frontes que existen en Catalunya, Euskadi ou Nafarroa, con posibilidades de poder volver a Madrid quedou en nada. Ningún dos actores deu o brazo a torcer ou xogou ao despiste ata o último momento e, onde non hai berzas, pouco e bo caldo vai dar.
Foi En Marea quen lanzou a oferta o sábado 24 de setembro tras un
Consello da formación, o domingo era CxG quen se sumaba á mesma oferta
tras a asemblea nacional celebrada tamén durante esa fin de semana. O
BNG e Anova deron o silencio por resposta. E, a partir de entón, a
incerteza duns e doutros.
En Marea xogou ao despiste cunha oferta que era galega pero na que quería tamén incluír unha vía estatal cun
posible pacto coa nova formación de Errejón, Más País. E foi aí, cando o
BNG atopou a xustificación para pechar calquera porta co partido de
Villares. "Cando alguén está preocupado polo relato, por airear e
tentar construír a súa verdade, se cadra o que non quere son acordos",
espetou Pontón este luns a preguntas do GC sobre a proposta de Villares,
que cualificou de falta de "seriedade".
Realmente, a porta do BNG xa estaba pechada case desde o minuto 1.
E os de Villares tamén estiveron tanteando outras posibilidades cos de
Errejón. Unha vía que se pechou definitivamente este domingo tras
constatar que se poderían repetir os problemas e a desfeita que
aconteceu con Podemos, EU e Anova durante esta lexislatura e, sobre
todo, ao ver que Más Madrid non ten unha "axenda galega".
NA PROCURA DE ARGUMENTOS
Este xiro final serviulle ao BNG para cambiar de argumentario. Se
antes, a proposta de Villares era "un circo madrileño", por ir con
Errejón, agora segue sendo "outro circo pouco serio". Iso, si, o BNG negouse a dicir se tiña avaliado seriamente a oferta de En Marea. "Nunca facemos público con quen nos reunimos ou non", dixo Pontón.
Anova, a outra formación que tampouco se lle esperaba para esta coalición,
acabou, como nos anteriores comicios, indo pola vía do medio para non
presentarse, nin cos seus aliados de Podemos e Esquerda Unida, nin coa
"vía galega" proposta por En Marea e Compromiso.
A división desta división da división do nacionalismo galego é tal que tampouco hai acordo entre as bases e a dirección sobre o mellor camiño. Así que, ao final, van pola vía do medio que non contenta nin a uns nin a outros.
A división desta división da división do nacionalismo galego é tal que tampouco hai acordo entre as bases e a dirección sobre o mellor camiño. Así que, ao final, van pola vía do medio que non contenta nin a uns nin a outros.
"Entendemos que a competición entre diferentes opcións do espazo de
ruptura divide a necesaria unidade e non se corresponde coa nosa aposta
pola acumulación de forzas, motivo polo que decidimos non concorrer ás
próximas eleccións xerais", anunciaba este luns. "Verificamos que os intereses dos partidos estiveron por encima dos intereses da xente do común",
destaca nun comunicado no que tamén se denota a existencia de problemas
cos seus socios no Parlamento galego e as dificultades que poden
existir de cara a artellar unha nova coalición para as eleccións
galegas.
Tampouco houbo tempo para analizar a oferta lanzada tamén por CxG, só
atendida por En Marea e polo BNG, de xeito non oficial. Tan trapalleiras
eran as conversas de todos os actores nacionalistas galegos, cada un
mantendo a súa axenda e a súas tácticas, que, finalmente, non houbo
acordos posibles, polo menos, en forma de coalición.
Pero hai quen di que todas as portas non están fechadas aínda. Agora
toca agardar para ver se hai posibilidade de que se chegue a mínimos pactos entre algúns destes actores antes do vindeiro 7 de outubro, día final para presentar as listas. Sería un pequeno xesto para evitar que sigan sangrando as veas do nacionalismo galego." (Xurxo Salgado, Galici Confidencial, 29/09/19)
No hay comentarios:
Publicar un comentario