"A aula Raquel Moreira Carril do MECAM Museo Encaixe Camariñas acolleu
hoxe recoñecemento do Concello de Camariñas ás 50 voluntarias que
coseron as 15.000 máscaras que se repartiron durante o confinamento.
No acto, no que estiveron presentes todos os grupos da corporación
municipal, entregóuselles un pequeno detalle polo traballo que levaron a
cabo nun momento tan difícil.
A alcaldesa, Sandra Insua, deulles as
grazas pola súa "impagable labor no peor momento da pandemia" e destacou
que "erixíronse como unhas verdadeiras heroínas de Camariñas”.
A rexedora quixo tamén invitar ao acto aos representantes de Correo aos que lles agradeceu a súa colaboración xa que "se encargaron de repartir as máscaras casa por casa de xeito toalmente gratuíto”.
Ademais, aproveitou a presenza do resto dos grupos da corporación
para eloxiar "a súa labor durante o confinamento, colaborando sempre no
que fixo falta". (Que pasa na costa, 10/07/20)
No hay comentarios:
Publicar un comentario