"A situación nas UCI dos principais hospitais galegos comeza a ser crítica. O traslado este domingo dun paciente Covid da do Hospital Arquitecto Marcide cara outras UCI de Galicia, concretamente, á do Lucus Augusti, da sanitaria de Lugo, facía saltar as alarmas.
De feito, os pacientes con coronavirus Covid-19 volveron a aumentar en Galicia e sitúanse en 610, o que supón 32 máis que este domingo, dos cales 110 atópanse en Unidade de Coidados Intensivos (UCI), cinco máis.
Fontes médicas consultadas por GC falan dun "colapso" na Unidade de Coidados Intensivos do hospital Arquietecto Marcide de Ferrol que descartan desde o Sergas. "Trasladamos só un paciente como medida preventiva", aseguraban desde a Xunta en declaracións a Galicia Confidencial.
A mesma crítica faina o Sindicato de Enfermería SATSE que nega que a
suspensión de operacións no Hospital Álvaro Cunqueiro se deba á falta de
profesionais de Enfermería, senón todo o contrario.
As recentes anulacións de operacións cirúrxicas veñen motivadas por
motivos alleos aos profesionais de Enfermería, como que a UCI está ao
100% e tiveron que habilitar camas en REA. Unha decisión tomada
directamente pola dirección do centro. “Foi precisamente a
voluntariedade das enfermeiras a que posibilitou que moitas operacións
que había programadas puidesen levar a cabo”, explican desde SATSE tal e
como recolle Xornal de Vigo.
AUMENTAN OS PACIENTES
Por outra banda, os pacientes con coronavirus Covid-19 volveron a
aumentar en Galicia. Así se reflicte nos datos actualizados este luns
pola mañá na páxina web da Consellería de Sanidade con cifras ata as
18,00 horas deste domingo, recollidos por Europa Press, nos que se
indica que hai 500 pacientes con Covid ingresados en unidades de
hospitalización convencional en Galicia, 27 máis que este domingo e 110
en unidade de críticos.
Os pacientes hospitalizados con coronavirus aumentan en todas as áreas
sanitarias galegas con respecto a este domingo. En concreto, na da Coruña e Cee ascenden a 161 --13 máis--, deles 31 en UCI --tres máis--. Na área de Vigo aumentan
en catro, a 107, os pacientes con Covid-19 ingresados, deles 25 en UCI,
un menos, e 82 noutras unidades de hospitalización --cinco máis--.
Mentres, na de Ourense soben a 89 as persoas con Covid
ingresadas, sete máis, 12 delas en UCI --sen cambios-- e 77 noutras
unidades --sete máis que este domingo--. A área de Santiago e Barbanza
rexistra 63 pacientes con coronavirus hospitalizados, un máis, deles 17
en UCI --dúas máis-- e 46 en tras unidades --un menos--.
Pola súa banda, na área de Pontevedra e O Salnés aumentan
a 70 as persoas con coronavirus ingresadas, dúas máis, das cales nove
permanecen en UCI --dúas máis-- e 61 noutras unidades --sen cambios--.
Na de Lugo increméntanse a 59 os hospitalizados con
Covid, dous máis, deles cinco en UCI --un menos-- e 54 noutras unidades
--tres máis--. E na de Ferrol os ingresados con
coronavirus increméntanse a 61, tres máis, dos cales 11 seguen en UCI
--sen cambios-- e 50 noutras unidades --tres máis--." (Galicia Confidencial, 16/11/20)
No hay comentarios:
Publicar un comentario