"Aconteceu este pasado domingo na Carballeira de Seilán, na Baña, onde
máis de 200 manifestastes desafiaron á chuvia para protestar contra a
invasión eólica. Concretamente lamentan os proxectos eólicos que afectan
aos concellos de A Baña, Mazaricos, Outes, Negreira e S
anta Comba
contra os que xa se presentaron preto de 2000 alegacións.
A manifestación foi convocada pola Rede Galega por un Rural Vivo, do que forman parte varias entidades da nosa comarca, en colaboración coa Plataforma Veciñal Os Quijotes de Outes. O seu voceiro, Roberto Vilela, que hai pouco se achegou ata o Anllóns para coñecer as problemáticas cos viraventos nas Paisaxes Pondalianas, explicou que as empresas están instalando 500MW en apenas 60km2, unha potencia semellante á de Asturias en 2019 cunha superficie 177 veces maior.
Serán 11 os parques eólicos proxectados entre eses Concellos:San Cosmeiro ,O Vao, Maragouto, Banzas, Outes, Alvite, AlviteI, Troitomil e outros catro máis dos que se teñen constancia." (Que pasa na costa, 27/04/21)

No hay comentarios:
Publicar un comentario