"Os gandeiros da comarcal de Ortegal, limítrofe coa de Ferrolterra e A
Mariña, están preocupados polos continuos ataques que manadas de lobos
están a realizar nos municipios deste territorio, onde aseguran que as mortes de tenreiros, vacas, ovellas, poldros e cabalos xa son a diario.
Na noite do pasado domingo ao luns, do 3 ao 4 de outubro, un gandeiro das Grañas do Sor, en Mañón, comprobou impotente como os lobos acababan coa vida de dous tenreiros e deixaban feridos a outros dous, coas perdidas económicas que iso supón.
Ante esta situación algúns dos propietarios decidiron meter aos animais polas noites en cuadras,
aínda que para a maioría esta é unha decisión que non poden tomar, xa
que as súas explotacións están deseñadas para que os animais estean
durante todo o día nas pradarías.
FORMA DE VIDA
O alcalde de Mañón, Alfredo Dovale (PP), asegurou que esta situación
esta motivando "un gran enfado por parte desta xente, xa que estamos a
xogar cos seus postos de traballo, xa que están a perder moito diñeiro
por mor destes ataques". O rexedor lembra que a prohibición de dar caza ao lobo está a motivar o aumento da poboación deste mamífero, "xa que isto vai cada vez a máis".
O alcalde do municipio limítrofe coa provincia de Lugo detallou que "os
ataques xa son a diario e temos gandeiros que xa perdeu bastantes
animais e a xente enfádase", incidiu.
Dovale tamén detallou que este problema co lobo non só está a afectar a
Mañón, se non que "tamén están a se dar ataques en Ortigueira, As
Pontes, Cerdido ou As Somozas, xa que se está estendendo demasiado" e
por iso pide que se busque solucións, "se é que non
queren acabar cos poucos habitantes que xa temos na zona rural", ademais
de destacar que "a xente comeza a ter medo porque cada vez se achegan
máis ás casas e xa se deron casos de ataques a cans, que tamén
faleceron"." (Galicia Confidencial, 10/10/21)
'Galicia es una tierra increíble, condenada a desaparecer' (Juan Tallón)... La herencia de Fraga...
15/12/21
Preocupación na comarca de Ortegal: "Xa hai ataques de lobos a diario"... as mortes de tenreiros, vacas, ovellas, poldros e cabalos xa son a diario... "a xente comeza a ter medo porque cada vez se achegan máis ás casas e xa se deron casos de ataques a cans, que tamén faleceron"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario