9/12/22

Cinco amigos intentamos pensar Santiago, e propoñer un feixe de ideas para o debate... A cidade medrou e hai que saber coser os seus barrios, o turismo non pode ser un monocultivo. Compostela, por que non unha cidade industrial? A cultura e o coñecemento como base dun novo impulso

Anton Baamonde @AntonBaam

Tal vez é o momento de iniciar unha conversa detallada sobre as nosas cidades. Neste libro, cinco amigos intentamos pensar Santiago e propoñer un feixe de ideas para o debate.

("Antón Baamonde; Fernando Barros; Xerardo Estévez; Alfonso Salgado; Xosé Manuel Villanueva: Compostela como desexo")

A cidade medrou e hai que saber coser os seus barrios, o turismo non pode ser un monocultivo. Compostela, por que non unha cidade industrial? A cultura e o coñecemento como base dun novo impulso..

O urbanismo en Galicia, no período democrático, foi deficiente, cando non inexistente. As periferias urbanas reclaman actuacións urbanísticas de calidade, que as cidades centrais se suturen cos concellos limítrofes, construíndo agregados urbanos de calidade.

Os barrios son unha medida da sociabilidade. Hai que enfocar a atención neles e nas percepcións e necesidades da xente. Hai que deseñalos con xeito e resolver os seus problemas, etcétera, etcétera..

É o momento de repensar a cidade, de intentar evitar a inxustiza espacial. Por fortuna, as nosas cidades están aínda a tempo de rectificar o desleixo e conformar espazos públicos agradables, igualitarios, diversos, paseables..

10:15 a. m. · 8 dic. 2022
1 Retweet 3 Me gusta


No hay comentarios: