Os xefes de servizo "a dedo"
Estes anuncios coinciden coa publicación do DOG dunha resolución da Dirección Xeral de Función Pública pola que, segundo a CIG, "máis de 200 postos de xefatura de servizo deixarán de cubrirse por concurso entre persoal funcionario de carreira e serán provistos por persoal nomeado a dedo".
Os xefes de servizo son o chanzo inferior aos subdirectores xerais e a miúdo encarganse de aplicar na práctica as decisións políticas. Até hoxe o seu nomeamento era por méritos, e agora será político.
Para o sindicato nacionalista os anuncios do concurso de prazas e da asignación de destino dos ex-altos cargos bucaba en realidade "tratar de ocultar o nomeamento a dedo de 200 persoas", en referencia aos xefes de servizo. (...)
FamiliaresA CIG autonómica asegura, ademais, que nas 670 prazas "non están todos os que son nin son todos os que están" polo que votou en contra. Neste sentido, o sindicato denuncia qque entre as prazas de nova creación están varios maridos de dúas subdirectoras xerais da Xunta." (Galicia Confidencial, 05/01/2011)
1 comentario:
INSERT
Publicar un comentario