Así, un membro da construtora Ogando, que recibiu presuntamente case tres millóns de euros en obras a dedo de varios concellos, chama a un técnico de Mazaricos para preguntarlle como vai “o da guardería”, dependente do Consorcio de Benestar.
“Eu creo que sale, pola conversa, eh”, dille o técnico, que terá que falar “cun posto político e unha chica cun posto medio político, de esos a dedo, de asesor, de confianza”. “Esa será a que poña problemas, se os pon”, di un.
“A ver se pescamos, a ver se pescamos esto!”, di o construtor. Tres días despois, Daniel Ogando fala co técnico, que lle di: “fágao quen o faga, valo facer ti, polo que estiven oíndo”. Ogando pregúntalle: “De trinta (millóns) para arriba ou para abaixo?”. 45, dille o responsable do concello. “45, carallo”, responde.
“Ou sexa, que o vas facer, iso non me cabe menor duda, o Consorcio xa sabe que o concello ten un compromiso e o vas facer”, di. Anteriormente, un home pedíralle ao alcalde, José Santos Maneiro, que se a Xunta “lles daba pasta” para a gardería, “que non a saquen aos outros, que lla saquen a quen, xa me entendes...”. (Xornal.com, 18/04/2011)
No hay comentarios:
Publicar un comentario