1/4/11

"Rajoy insinuou... o poder de continuar adxudicando, ou non, obras públicas ás grandes empresas españolas, entre elas, á Constructora San José"

"José Luis Gómez deixa a dirección de Xornal de Galicia. Esta decisión chega tras os consellos de Jacinto Rey, o empresario dono de Xornal de Galicia a través de Udramedios, a división de medios de comunicación do Grupo San José.

Uns consellos que chegan tras unha tensa conversa que o secretario xeral do PP, Mariano Rajoy mantivo con Rey.

E é que o líder popular montou en cólera tras a publicación por parte de Xornal e do diario Público dunha fotografía na que aparecía a bordo do iate Moropa, pertencente ao clan de Os Caneos de Cambados, con varias xeracións de condenados por tráfico de drogas.

E a reacción inmediata foi chamar a Jacinto Rey para pedir explicacións por esta información.

Segundo as fontes consultadas, Rajoy insinuou que será o presidente do Goberno en breve, o que implica ter o poder de continuar adxudicando, ou non, obras públicas ás grandes empresas españolas, entre elas, por suposto, á Constructora San José.

Un aviso que Rey captou de inmediato. As fontes consultadas divirxen no contido completo desa conversa pero todas coinciden en que Rajoy lle pediu a cabeza de Gómez.

A información publicada o luns por Xornal non só causou indignación na sede do PP en Génova, senón tamén, no PP de Galicia. De feito, e segundo as fontes consultadas por Galicia Confidencia, o presidente galego Núñez Feijóo era consciente xa desde mediados desta semana que o xa ex director de Xornal tiña un pe fora da empresa." (Galicia Confidencial, 01/04/2011)

No hay comentarios: