27/6/11

A Xunta repartiu case un millón a dedo entre os donos de catro xornais

"A Xunta teima en dar a dedo contratos só aos catro xornais líderes en cada provincia. A Consellería de Presidencia acaba de dar catro adxudicacións a La Voz de Galicia, La Región de Ourense, EL Progreso de Lugo e Faro de Vigo por máis de 552.000 euros. Todos os contratos adxudicáronse pola vía de urxencia, mediante o procedemento negociado sen publicidade. (...)

Exactamente o mesmo procedemento e os mesmos destinatarios da campaña de Medio Rural este verán por máis de medio millón. E exactamente o mesmo método e destinatarios que utilizou a Consellería de Facenda en marzo para repartir 360.000 euros noutra campaña de propaganda.

En definitiva, é evidente que a Xunta está a adoptar unha política de comunicación na que aposta por favorecer unicamente aos que considera líderes de opinión provinciais. No lugar de adxudicar a campaña a unha axencia que distribúa os anuncios entre todos os medios en función da súa audiencia, o Goberno só publicita estas grandes campañas en certas cabeceiras.

Isto non significa que outras cabeceiras poidan aproveitarse tamén desta cuestionable práctica, caso de El Correo e os 175.000 euros que recibiu de Cultura.

Este tipo de adxudicacións urxentes e sen publicidade son legais pero moi discrecionais. En teoría as administracións só poden tirar deste método en situacións de emerxencia ou cando só hai unha empresa capacitada para prestar o servizo.

Ningunha destas dúas circunstancias dáse nas continúas adxudicacións a dedo que está a realizar a Xunta, que asemade presume de reducir as subvencións aos medios respecto ao bipartito. (...)

Tanto o Colexio como o Sindicato de Xornalistas denunciaron en múltiples ocasións que as axudas a dedo prexudican a obxectividade das noticias que leen os cidadáns.

Por exemplo, é evidente que as catro cabeceiras citadas están máis condicionadas cando teñan que abordar informacións sobre os recentes incendios porque acaban de recibir unha adxudicación a dedo do conselleiro responsable desta política, Samuel Juárez." (Galicia confidencial, 26/06/2011)

No hay comentarios: