"As vendas do comercio ao por menor rexistraron unha queda nestes
últimos doce meses dun 12,8%, o que supón a terceira máis grande do
Estado após as de Euskadi e Madrid. No conxunto do Estado as vendas
retrocederon un 10,9% e xa se encadean 33 meses consecutivos de
descensos interanuais.
Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) tamén se apunta a
que nese mesmo período (de marzo de 2012 a marzo do presente exercicio)
o emprego relacionado con este sector caeu nun 3,5%.
A propia Federación Galega do Comercio calculaba, o ano pasado, que o
número de pequenos negocios que tiveron que pechar no país desde o
inicio da crise, en 2007, fora de por volta de 17.000 E a iso engadían
que os empregos perdidos no sector nese mesmo período eran duns 43.000.
Alénd a crise, medidas adoptadas polo goberno como a suba do IVE ou
ben a liberalización horaria e rebaixas todo o ano supuxeron un “tiro de
graza” ao sector." (Sermos Galiza, 28/04/2013)
No hay comentarios:
Publicar un comentario