31/5/13

Galicia e Portugal únense para tornar o Miño navegabel. Non teremos máis nada que facer. Cousas veredes, evidentemente

"O Goberno do Estado veciño estuda xa o proxecto "O río que nos une", que pretende abrir o tráfico marítimo, como mínimo, até as localidades fronteirizas de Tui e Valença. O obxectivo do plan é atraer cruceiristas.

 O Goberno portugués comprometeuse a estudar o proxecto común dos concellos de Caminha e A Guarda para tornar o río Miño navegabel até 2020. É un vello proxecto que levan anos manexando diferentes rexedores de ambas as dúas beiras do Miño co obxectivo de potenciar a facina turística que o Miño lle pode dar a toda a comarca.

E é que os alcaldes locais cren que é posíbel promover a navegabilidade do río Miño, entre a súa desembocadura, e polo menos Tui e Valença, potenciando, nomeadamente, a realización de cruceiros turísticos, con embarcacións de até 50 metros de lonxitude. Coa navegabilidade no Miño, os municipios ribeiráns pretenden fomentar a explotación do río e das súas marxes, transformándoo nun polo de atracción turística e "unha fonte de riqueza para a rexión".

O proxecto "O Miño que nos une" non é algo novo e xa está sendo analizado polos gobernos portugués e galego. Despois dunha reunión de traballo realizada en xaneiro, en Caminha, envolvendo todos os alcaldes do val do río Miño, portugués e galego, este mes tivo lugar nun seminario que decorreu en paralelo nas dúas localidades veciñas de Caminha e A Guarda, que son as impulsoras desta idea.

Negociacións avanzadas

En Portugal as negociacións están máis avanzadas e as localidades da zona xa comezaron a presionar ás autoridades lusas. "Procuramos sensibilizar o executivo para este projeto, que é estrutural para esta região, nos dois lados da fronteira. O governo português comprometeu-se a analisar e a estudar possibilidades de financiamento", afirmou Flamiano Martins, alcalde de Caminha á Axencia Lusa.

Martíns e o seu homólogo da Guarda, o socialista José Manuel Domínguez Freitas, reunironse hai uns días co secretario de Estado do Ambiente e do Ordenamento do Territorio de Portugal, Paulo Lemos, para presentar ao Goberno o proxecto "O Miño que nos une". Unha xuntanza que se terá que repetir cos gobernos de Galicia e de Madrid.

"Queremos aproveitar a potencialidade que o río Miño ten, en termos turísticos, culturais, patrimoniais e económicos, presentando un proxecto dinamizador e potenciador, que envolva tamén as persoas", explicou logo desa xuntanza o alcalde guardés.

Plans europeos

O obxectivo destas xuntanzas é buscar fondos para realizar este plan. E un dos puntos que xa se discutiron a ambas as dúas beiras do Miño é a presentación dun proxecto de navegabilidade nunha candidatura a fondos do próximo cadro comunitario de apoio, entre 2014 e 2020. Por iso mesmo, a reunión en Lisboa contou tamén coa presenza do director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Galiza-Norte de Portugal, Juan Lirón.

"Não queremos que o rio Minho provoque a separação das duas margens, mas que seja um elo de ligação entre as duas regiões", suliñou logo do encontro o vice-presidente da Câmara de Caminha.

Do lado portugués, o río Miño atravesa os concellos de Vila Nova de Cerveira, Valença, Monção e Melgaço, mentres que do lado galego pasa por A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salceda, Salvaterra, As Neves, Arbo e Crecente. Este río nace a 750 metros de altitude, na Serra de Meira, en Lugo. Percorre 300 quilómetros até á desembocadura, dos cales 75 son fronteira natural entre Portugal e Galicia."         (Galicia Confidencial, 24/05/2013)

No hay comentarios: